^ Ir arriba

novas

Wednesday, 19 April 2017 10:47

Os Bolechas promoverán a igualdade a través da lectura nos colexios de Gondomar.

Hoxe comeza a lectura do libro “Os Bolechas no camiño da igualdade” nos colexios de Gondomar. A actividade, que se desenvolverá no CEIP Souto Donas, CEP Xosé Neira Vilas e CEIP Chano Piñeiro, correrá a cargo do alcalde, Paco Ferreira, a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, e funcionarios do Departamento de Igualdade.

A lectura versará sobre unha campaña de igualdade de xénero e de oportunidade, englobada dentro da programación do pasado 8 de Marzo, día internacional da muller e tamén forma parte das actividades que se iniciaron o día 25 de Novembro.
Os nenos e nenas que asistirán a estas lecturas teñen entre 6 e 10 anos, despois de comentar o libro todos xuntos e interactuar acerca dos valores que nel trátanse doaranse exemplares aos centros dispoñibles para consulta de todos os alumnos e alumnas. "Os bolechas no camiño dá igualdade en Gondomar" é unha unidade didáctica financiada polo Concello de Gondomar, na que ademais das aventuras dos Bolechas polas parroquias do municipio hai actividades e xogos.

17904347 1832040737058480 8493712376762697519 n