^ Ir arriba

novas

Monday, 24 April 2017 11:24

O CPA Gondomar volve brillar con luz propia.

Esta fin de semana tivo lugar o II Trofeo Internacional Concello de Vigo, organizado polo CP Vagalume Celtamotor e onde participaba o Club Patinaxe Artístico Gondomar en grupos pequenos conseguindo revalidar título ao subirse ao máis alto do podium, acompañados polo Club Carpa Viqueira de Vigo e O Fontiñas de Santiago.

O Club Patinaxe Artistico Gondomar vixentes campioas galegas e con puntuacións por encima do 9 fixeron vibrar á bancada unha vez máis con Alma Toureira, situándoo na antesala da súa participación no mundial que é un fito histórico da Patinaxe na nosa comunidade.

As Gondomareñas que partían como claras favoritas non defraudaron cunha posta en escea impecable baixo os acordes da Malagueña facendo gala das súas señas de identidade: velocidade, técnica, expresión artística e a emoción que se plasmou con unanimidade tanto de xuíces como de bancada recompensada cunha gran ovación que serve de estímulo para a próxima participación no mundial de Nanjing e traballando para recadar fondos para facer fronte a este novo reto que supón un desafío para a entidade do Val Miñor.

IMG 20170225 WA0004 2