^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Organizado pola Concellería de Comercio e a Asociación "O Toxo" de Gondomar, este encontro reúne a presentación e venda de produtos locais ou agroecolóxicos.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou hoxe varios puntos conflictivos en distintas parroquias e casco urbano nos que se levarán a cabo pasos de peóns elevados, bandas reductoras de velocidade e señalización de limitación de velocidade, baixo a dirección do Departamento de Infraestructuras e Obras; ubicados en entradas de guarderías, colexios e lugares específicos destacados pola afluencia de peóns na vía.

Dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Valmiñor (OVALMI), queren por en marcha catro cursos formativos dirixidos ao comercio e á hostalería.

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura Da. Nuria Lameiro Valverde, propón as bases para a participación no tradicional Gran Desfile de Comparsas, acto principal do “Entroido 2017”, e que se celebrará o domingo día 26 de Febreiro a partir das 16:00 h. no serán.

Os maiores de Gondomar están convidados a participar no xantar que se celebrará o día 14 de febreiro na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Tuesday, 31 January 2017 12:55

Informática para maiores en Gondomar.

Este mércores comenza o primeiro curso de informática para maiores de Gondomar impartido por profesionais do sector.

O Concello de Gondomar inaugurou o pasado venres un novo espazo no CDL para os maiores coa asistencia do alcalde, Francisco Ferreira, e as concelleiras Nuria Lameiro e Rocío Cambra. 

Monday, 30 January 2017 11:10

Nova edición do programa“Conectadas”.

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar infórmase que vaise por en marcha o programa Conectadas, unha iniciativa que ten como obxectivos mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías e superar os malestares das mulleres derivados da desigualdade de xénero, impulsando accións formativas que incorporan de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

A corporación municipal de Gondomar fixo unha declaración institucional, na que se votou a favor por unanimidad, recoñecendo a traxectoria política de José Mª Martinez Blanco.

Manuel Chamorro foi nomeado polo Alcalde, Paco Ferreira concelleiro de Vías, Obras e Alumeado. O novo edil socialista prometeu o cargo no pleno celebrado onte ante toda a corporación municipal.

Rss