^ Ir arriba

novas

Tuesday, 24 January 2017 12:02

Entrega de premios e diplomas aos gañadores do I Concurso de escaparates e ambientación de nadal.

O Concelleiro de Comercio Xosé Antón Arauxo Rodríguez e Jose González Goce, Vicepresidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi) fixeron entrega dos premio aos gañadores do I Concurso de Escaparates e Ambientación de locais de Nadal no Concello de Gondomar, obsequiando aos gañadores cun cheque de 300 € ao 1ª premio de cada modalidade, e un diploma para todos eles.

Os gañadores foron:

Na categoría de ambientación: primeiro premio para o local Aprehendo, do que o xurado quixo destacar a utilización de materiais de uso diario aplicándoos a novos contextos ademáis de valorar positivamente o uso do espazo do que dispoñían. O segundo premio de esta categoría foi para Herboristería Bambú, por facer unha ambientación correcta e grazas o sentido da profundidade do que souberon dotar a sua decoración. Por último o xurado premiou co terceiro galardón a decoración natural a base de productos do sector de Nancy Armijo Estilistas.

Os premiados na categoría de escaparatismo foron, en primeiro lugar: Ollomol pola organización, o uso de materiais naturais e a composición xeral do seu escaparate. Auto Serviancar levouse o segundo premio do xurado por acadar o efecto desexado con poucos materiais e unha paleta de cores limitada. O terceiro premio foi, pola sua orixinalidade, sinseleza e movemento , para o escaparate de Expert Gondomar.

Os seis gañadores tamén dispoñerán de espazos publicitarios gratuítos na páxina web e redes sociais do concello durante un mes consecutivo.

 MG 1683  MG 1667

 MG 1681  MG 1657

 MG 1663  MG 1670