^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Monday, 10 April 2017 11:05

VIDEO | Ecoembes. Recicla e respira

Soamente respiramos aire, e xuntos mantemos limpio o aire de Galicia #ReciclaeRespira

O edil de Medio Ambiente de Gondomar, Antonio Araúxo, amosa cómo elaborar unhas trampas caseiras para atrapar ás raíñas da vespa asiática (especie invasora que despraza e mata ás abellas autótonas).

A Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro, na súa continua aposta por fomentar o deporte na comarca organiza o Campus de Semana Santa para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos os días 10, 11 e 12 de abril.

Últimas prazas dispoñibles para a excursión á Costa Branca, organizada pola Concellería de Benestar Social que dirixe Rocío Cambra.

Curso de Educación viaria levado a cabo pola Policía Local de Gondomar e a DXT no CEIP Souto-Donas.

É fundamental concienciar aos máis novos en seguridal viaria como materia transversal.

A partir do vindeiro domingo 9 de abril o Auditorio Municipal Lois Tobío acollerá a II Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.

Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar.

Convocatoria de concesión de axudas para apoiar o desenvolvemento e organización de festivais e certames de artes escénicas e de música na provincia de Pontevedra dentro do Ano Patrimonio 2017.

O Concello de Gondomar iniciou hoxe no CDL o ciclo de oito talleres prácticos "Diferénciate na procura de emprego".

Tuesday, 04 April 2017 21:51

VI edición de CANTARES NO MIÑOR.

Encontro de Coros Tradicionais
Participan: “Cántigas e Frores”, de Lugo, e “Cantares do Brión”, de Vincios.

O próximo mércores festexaremos con moita música o comezo da primavera. ¡Teremos a oportunidade de escoitar diferentes conxuntos, ó coro e á orquestra do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar! e se o tempo nos acompaña sairemos á rúa a facer soar os nosos intrumentos e as nosas voces. ¡Acompañádenos o mércores 5 de abril ás 19:00h no auditorio Lois Tobío! Todo o mundo é benvido.

Rss