^ Ir arriba

novas

Friday, 07 April 2017 16:44

Actividades na Semana Santa de Gondomar para os máis pequenos.

A Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro, na súa continua aposta por fomentar o deporte na comarca organiza o Campus de Semana Santa para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos os días 10, 11 e 12 de abril.

O Campus de Semana Santa é totalmente gratuíto e poderán anotarse todos os nenos e nenas que se acheguen polo pavillón de deportes ata o día 6 de abril. A inscrición deberá facerse en horario de 17:00 a 21:00 ou ben a través do número de teléfono 608 748 393.
Tres días de actividades nas que os nenos e nenas contarán con monitores e material á súa disposición para aprender, xogar e abrigo divertirse. As actividades programadas son entre outras unha yincana na contorna do parque de "A Coelleira" con procura do ovo de pascua, ademais dunha excursión.

cartel gondomar definitivo 10