^ Ir arriba

novas

Tuesday, 04 April 2017 21:51

VI edición de CANTARES NO MIÑOR.

Encontro de Coros Tradicionais
Participan: “Cántigas e Frores”, de Lugo, e “Cantares do Brión”, de Vincios.

Chega á súa sexta edición o Encontro de Coros Tradicionais, CANTARES NO MIÑOR.
Nesta ocasión terá lugar no Auditorio Lois Tobío, de Gondomar, este sábado, 8 de abril, a partir das 19:00 horas.
Este evento, organizado polo coro miñorano Cantares do Brión, coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar, contará coa presenza, como invitado, do Coro Galego “Cántigas e Frores”, de Lugo, agrupación creada en 1948 coa fusión de “Cantigas e Aturuxos” e “Frores e Silveiras” e que, desde 2009, coñece un período de reactivación da súa sección coral.
Nos repertorios dos coros participantes, pezas tradicionais dos arquivos dos coros históricos e outras de nova creación, como é o caso de “Cantares do Brión” que interpretará, case na súa totalidade, un programa a base de composicións de persoas integrantes do propio coro.
Ademais do canto, haberá baile e teatro, coa representación da “Lenda da Touba do Brión”.
A entrada é de balde até completar aforo.

Promo prim Cantares