^ Ir arriba

novas

Sunday, 29 January 2017 22:51

Gondomar declara o ano 2017 Ano do Conde de Gondomar.

O pleno da corporación municipal cos votos a favor de todos os grupos, a excepción de Gondomar Concello Aberto que se abstuvo, declarou o 2017 como Ano do Conde de Gondomar coincidindo co 400 anos do seu nomeamento como primeiro Conde de Gondomar por Felipe III e o 450 do seu nacimiento.

Para o gobierno municipal o Conde de Gondomar Don Diego Sarmiento e Acuña é un dos personaxes mais relevantes do Val Miñor. Ostentando cargos como o de capitán de Baiona, pola sua defensa da costa atlántica nas numerosas contendas contra Francis Drake; por impedir en reiteradas ocasiones a conquista da baía de Baiona ou Illas Cies e a salvaguarda da ciudade de A Coruña.

Así mesmo Don Diego foi embaixador en Londres durante o reinado de Jacobo I, sendo gran impulsor de pactos políticos entre a coroa española e Inglaterra; e un dos máis recoñecidos politólogos e diplomáticos da época. Poseía Don Diego unha das bibliotecas máis importantes do reino de España con máis de 15 mil exemplares no seu haber, donada na sua maioría a Biblioteca do Palacio Real polos seus herdeiros. Actualmente figura como correxidor perpetuo de Valladolid e de Toro. Encuentrase sepultado na cripta de San Benito el Viejo, en Valladolid.

Con motivo da declaración do Ano do Conde de Gondomar o Concello de Gondomar levará a cabo numerosos actos de recoñecemento institucional. Entre eles, un gran acto no mes de xuño onde se espera contar coa presencia do presidente da Xunta, da presidenta da Deputación de Pontevedra, e dos alcaldes do Val Miñor, Valladolid e Toro así como representantes do Ministerio de Cultura e da Casa Real.

Ademáis levaranse a cabo un ciclo de conferencias en torno a traxectoria do Conde, a sua labor diplomática, de escritor e de defensor de idioma galego e de Galicia, así cómo a faceta musical coas partituras que lle acompañaron nos seus viaxes.
Para conmemorar esta celebración o Concello de Gondomar colocará na sua documentación oficial, o grabado do Conde que actualmente encóntrase custodiado na Biblioteca Nacional de Madrid.

9788497041621