^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Un total de 70 alumnos e alumnas do Conservatorio de Música de Gondomar deleitarán co seu repertorio a todos aqueles que se acheguen o Auditorio Lois Tobio este mércores as 19h. Os xóvenes intérpretes tocarán pezas de todo tipo, dende os clásicos como Bach a músicos contemporáneos como Jonh Lennon.

Praza de abastos, vendedores ambulantes, comercio local, hostalería, mercado agroecolóxico e artesáns serán os eixos sobre os que pilote o novo mercado semanal.

Saturday, 17 December 2016 12:02

Exercizo mental para os gondomareños.

Esta semana iniciouse o taller de Memoria para Maiores en Gondomar, impartido pola psicóloga-neuropsicóloga do centro Lingoreta e organizado pola Concellería de Benestar Social que dirixe Rocío Cambra.

Gondomar inicia os seus preparativos para as datas de nadal coa súa programación cultural, organizada pola Concellería de Cultura, o frente da que se atopa Nuria Lameiro. Ademáis de monólogos e música no Auditorio Lois Tobio tamén haberá lugar para os tradicionais pasarúas.

Thursday, 15 December 2016 10:43

Convocado o Consello da Muller en Gondomar.

O Consello da Muller de Gondomar reunirase no municipio este xoves as 20h. Estará presidido pola Concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro; a orde do día nesta sesión será a presentación das integrantes do propio Consello, o informe da actividade do CIM (Centro de Información para a Muller) no 2016; ademáis de repasar o reglamento e do tempo reservado para rogos e preguntas.

O vindeiro mércores 21 de Decembro o Conservatorio Elemental de Gondomar celebrará o tradicional Concerto de Nadal ás 19:00h no Auditorio Lois Tobío.

Tuesday, 13 December 2016 10:30

Programa Tecendo Lazos

TECENDO LAZOS

A Concellería de Xuventude que dirixe Nuria Lameiro a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) organizan nas datas de nadal un taller para nenos, nenas e adultos no Centro Neural de Gondomar. O taller titulase “Risas en familia” e forma parte do programa da Deputación de Pontevedra “Tecendo Lazos”.

Finalizado o prazo do concurso convocado pola Concellaría de Comercio, o número de inscricións supera a corentena.
A pesares do modesto importe dos premios, limitada pola precariedade monetaria do Concello, estamos moi gratamente agradecidos e sorprendidos polo número de inscritos, polo dinamismo, esforzo e traballo do comercio de Gondomar.

Monday, 12 December 2016 11:59

IV Xornadas deportivas e solidarias de Nadal

Un ano máis celébranse as Xornadas de deporte e solidaridade en Gondomar, organizadas pola Concellería de Deporte que dirixe Nuria Lameiro. Este ano o evento está programado para os días 26, 27, 28, 29 e 30 no Pavillón de Deportes do municipio.

O sábado 10 de decembro ás 19,30 horas terá lugar o presentación do Proxecto Documental "EU TAMMÉN NECESITO AMAR", o acto está presentado por OLLOMOL AUDIOVISUAL, produtora audiovisual de Gondomar e a asociación cultural O FAIADO DA MEMORIA de Vilagarcía de Arousa e conta co patrocinio da DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA dentro do seu "ano Castelao".

Page 93 of 98

Rss