^ Ir arriba

novas

Tuesday, 20 December 2016 20:54

Concerto de nadal do Conservatorio do Concello de Gondomar.

Un total de 70 alumnos e alumnas do Conservatorio de Música de Gondomar deleitarán co seu repertorio a todos aqueles que se acheguen o Auditorio Lois Tobio este mércores as 19h. Os xóvenes intérpretes tocarán pezas de todo tipo, dende os clásicos como Bach a músicos contemporáneos como Jonh Lennon.

A nota solidaria do concierto no faltará, xa que a Concellería de Cultura e a Concellería de Benestar Social que dirixen Nuria Lameiro e Rocío Cambra respectivamente organizaron unha recollida de alimentos no perecedoiros. O Alcalde Paco Ferreira será o encargado de presentar o recital. A entrada é gratuita e só se anima os asistentes a que colaboren coa campaña de recollida de alimentos.

nadal 2016