^ Ir arriba

novas

Thursday, 15 December 2016 10:43

Convocado o Consello da Muller en Gondomar.

O Consello da Muller de Gondomar reunirase no municipio este xoves as 20h. Estará presidido pola Concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro; a orde do día nesta sesión será a presentación das integrantes do propio Consello, o informe da actividade do CIM (Centro de Información para a Muller) no 2016; ademáis de repasar o reglamento e do tempo reservado para rogos e preguntas.

O Consello da Muller estará formado por mulleres de cada uno dos grupos políticos, das asociacións de mulleres do municipio inscritas no rexistro de asociacions, de sindicatos con representación municipal, de organizacións empresariais de mulleres e de asociacions culturais e veciñais.

O órgano creado a partir das mulleres elexidas coma representantes de estos axentes socias ten coma un dos seus obxetivos propiciar a participación das mulleres na vida municipal.

O pasado martes iniciáronse os cursos do CIM online, con 45 participantes matriculadas nos talleres de inglés para nenos, manipulación de alimentos e elaboración de proxectos de tempo libre. Na inauguración ademáis da Concelleira de Igualdade participou o Alcalde, Paco Ferreira.

APERTURA CURSOS CIM