^ Ir arriba

novas

Friday, 09 December 2016 17:48

Presentación do proxecto documental EU TAMÉN NECESITO AMAR no auditorio do Centro Cultural de Mañufe

O sábado 10 de decembro ás 19,30 horas terá lugar o presentación do Proxecto Documental "EU TAMMÉN NECESITO AMAR", o acto está presentado por OLLOMOL AUDIOVISUAL, produtora audiovisual de Gondomar e a asociación cultural O FAIADO DA MEMORIA de Vilagarcía de Arousa e conta co patrocinio da DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA dentro do seu "ano Castelao".

O acto contará coa presentación en vivo do "porqué" da realización deste documental e do espazo no que se desenvolve. EU TAMÉN NECESITO AMAR trata de mostrar a vida íntima das mulleres nunha España, Galicia neste caso mais concretamente, trala guerra civil, e o díficil xurdir, nese contexto, dos sentimentos sexuais que comenzan a aflorar nos seus corpos e que teñen que ser reprimidos, en boa parte, pola sociedade política e relixiosa que as rodean e que tamén van a nacer naquel momento: a dictadura.

A presentación correrá a cargo da persona que o está levando a cabo, Antonio Caeiro que, ainda que vive en Vilagarcía, é natural de Gondomar, e contará coa presencia dos membros da productora gondomareña e parte das testemuñas desta zona do Val Miñor.

Podedes ter información de como se vai realizando o proxecto no blog https://eutamennecesitoamar.wordpress.com/

invitacion manhufe