^ Ir arriba

novas

Friday, 16 December 2016 10:54

Risadas aseguradas con Federico Pérez en Gondomar.

Gondomar inicia os seus preparativos para as datas de nadal coa súa programación cultural, organizada pola Concellería de Cultura, o frente da que se atopa Nuria Lameiro. Ademáis de monólogos e música no Auditorio Lois Tobio tamén haberá lugar para os tradicionais pasarúas.

Para comezar coas celebracións de nadal hoxe organizouse o concerto de nadal no que participarán a Coral Vocal de Donas, a Coral Vocal do C. Cultural A Merced de Chaín ademáis da Coral da Agrupación Musical de Vincios. O repertorio de panxoliñas e cancións natalicias iniciarase as 21h e a entrada é de balde.

A tarde do sábado Gondomar encherá as suas principais rúas con Pasarúas de Rondallas, neste caso o que realizará o CC A Merced de Chaín, que comenzará as 16h.

O mesmo sábado 17 , o actor e humorista Federico Pérez, coñecido pola súa participación en numerosas series humorísticas como “Air Galicia” ou “O Show dos tonechos”, traerá a Gondomar o monólogo “Ración de Breogán”, a entrada terá un prezo de 3,50€ e as portas abriranse unha hora antes para a venta de entradas; o monólogo será as 21h.

racioin de breogainweb foto 1