^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

O concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns convocan os interesados a asistiren ao acto de entrega do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, galardón que recaeu no poeta fisterrán de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado A relixión do mar, un libro no que o autor demostra o seu coñecemento sobre o mundo mariñeiro dende a mesma construción da embarcación, sen abandonar a linguaxe poética.

A concelleira de Benestar Social, Rocío Cambra, xunto co grupo de voluntarios e voluntarias estiveron esta fin de semana recollendo alimentos para o banco de alimentos do Concello de Gondomar.

Thursday, 01 December 2016 20:27

Belén en movemento en Gondomar.

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira e a Concelleira de Cultura, Nuria Lameiro inaugurarán o día 3 de decembro o belén en movemento instalado no vestíbulo do Auditorio Lois Tobio.

Dende a Concellería de Benestar Social se informa que estes meses próximos estamos buscando familias acolledoras para Vacacións en Paz do ano 2017.

O Alcalde Juan Francisco Ferreira e a Concelleira de Igualdade Nuria Lameiro Valverde, teñen o pracer de convidala/o aos actos, que dende a Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar se van a realizar con motivo do 25 de Novembro.

O Concello de Gondomar abre dende hoxe ata o día 21 de novembro o periodo para solicitar praza no Programa Xuntos polo Nadal. Con esta iniciativa preténdese que os maiores de 60 anos do municipio pasen as festas do Nadal en compañía.

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2016 pola que se fai pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas da modificación do Proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, concellos de Gondomar e Vigo, aprobada mediante Acordodo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de setembro de 2016.

A mellor maneira de recuperar o patrimonio histórico ou etnográfico dun concello é poñéndoo en valor e, sobre todo procurando que siga cumprindo a función social e de utilidade pública para a cal foi construido pola veciñanza das parroquias e barrios.

A concelleira de Cultura, Igualdade, Xuventude e Deporte Nuria Lameiro e o Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira deron a benvida os dezanove alumnos que se prepararán para aprobar o exame da ESO en maio.

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira instou a Xunta para que inicie expediente sancionador a empresa Melytour dado que esta, dende fai días négase a realizar o transporte de viaxeiros dende Gondomar ata as parroquias de Chain e Morgadans.

Page 94 of 98

Rss