^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

O resumo da xornada foi tremendamente positivo, repartíronse máis de 100kg de compost (137kg para ser exactos) e tivo unha acollida escepcional entre o publico, até o pronto que xa temos peticións de veciños da Urbanización Miñor; da Pza. Rosalía de Castro e da zona das Ánimas para instalar novos composteiros comunitarios neses barrios.

ANUNCIO do 19 de xullo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-331, punto quilométrico 11+200 a 14+600, de clave PO/17/137.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Está dispoñible en formato papel no Departamento de Urbanismo.

DOCUMENTACIÓN

 

1.- CONVOCATORIA

            O concello da Vila de Gondomar convoca o II Concurso de Embelecemento de Balcóns ou Ventás e Fachadas da Vila de Gondomar para o verán de 2018. 

O Alumnado traballador da especialidade de turismo do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II realizou unha visita guiada co alumnado de intercambio, do IES 1º de Marzo e a Newark Academy de New Jersey de EEUU.

Os gañadores do concurso "Un banco para o mundo" son:

Javier Lorenzo que gañou o sorteo dos participantes na votación do concurso polo que gañou un teléfono móbil donado por Expert.

E o gañador da foto máis votada foi José Iglesias Estévez que gañou unha cea para duas persoas donada polo restaurante Ardora.

O Alumnado traballador da especialidade de turismo do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II realizou unha visita guiada co alumnado de intercambio, do IES 1º de Marzo e a Newark Academy de New Jersey de EEUU. A ruta realizada foi a Ruta Mariñeira por Baiona.

O sábado 9 de xuño a especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, realizou unha visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar. O alumnado traballador foi o encargado de guiar a ruta onde se fixeron varias paradas antes de chegar ao pazo.

Trece establecementos da Vila de Gondomar participaron no evento organizado dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI e en colaboración ca Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar.

O vindeiro mércores 16 de Maio ás 21:00h na Igrexa de San Bieito de Gondomar teremos a oportunidade de escoitar un fermosísimo concerto a cargo de I Colori Dell´Armonia, quinteto de música barroca. Concerto organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, dentro das conmemoracións polo 35 aniversario do Conservatorio Municipal.

Xoves, 10 Maio 2018 13:03

CAMPAMENTO URBÁN GONDOVERAN 2018

A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), pon en marcha, por séptimo ano consecutivo, o campamento Gondoverán cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

Rss