^ Ir arriba

novas

Xoves, 10 Maio 2018 13:03

CAMPAMENTO URBÁN GONDOVERAN 2018

A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), pon en marcha, por séptimo ano consecutivo, o campamento Gondoverán cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

Gondoverán é un campamento de lecer e tempo libre para fillas e fillos de familias traballadoras, ademais dunha Medida Municipal de Conciliación.
O seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo en horario de 9 a 14h con posibilidade de 8 a 15 h, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral da nena/o a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.
Contarase con 100 prazas para rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nados entre os anos 2005 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2015 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas libres serán admitidos/as doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar. Estas prazas serán adxudicadas por orde de entrega de documentación a través do Rexistro no Concello ou na sede electrónica.
O prezo será de 65€ neno/a.
A inscrición realizarase do 11 ao 22 de maio a través do Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 8.30 a 14h ou ata as 24h a través da Sede Electrónica

Para calquera dúbida os/as interesados/as poderanse dirixir ao CIM, na Casa da Cultura, nos teléfonos 986 389 355/986 360 224 ou no seguinte correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

DESCARGAS:

Soliccitude individual 

Solicitude múltiple

Autorización familias

Obrigas Gondoverán