O itinerario consistiu no percorrido arredor da Fortaleza de Monterreal onde se lles explicou a rica historia deste importante enclave. Comezou na Torre do Reloxo onde recibiron unha explicación sobre as orixes da fortaleza, do seu sistema defensivo e dos moitos feitos históricos que alí se deron. Continuou parando no Baluarte da Cuncheira para observar a doble defensa da muralla.
A seguinte parada foi na porta do Pozo ou dos Frades, coa fermosa garita de vixiancia, e dende onde temos unha panorámica formidable da Praia dos Frades. Seguidamente o grupo recibiu información sobre a Batería de Santiago e a Torre do Príncipe, unas das maís fermosas de toda a fortaleza.
Finalizou o itinerario cunha visita ao Parador Conde de Gondomar da man do xefe de recepción, quen amosou os amplos salóns,onde fan eventos, o formidable claustro e o Salón Condal, un espazo que coserva vestixios do antigo Pazo de Elduayen que alí se atopaba.
O grupo amosou gran satisfacción pola visita realizada, xa que tiveron oportunidade de coñecer un pouco máis da nosa rica historia.