^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

A especialidade de promoción turística do OE Valmiemprega III, realizou as dúas primeiras visitas guiadas, das tres que se programaron, centradas no trazado do Camiño Portugués da Costa por Valmiñor.
 
O día 10 levouse a cabo o itinerario polo municipio de Baiona dende a Praza de Santa Liberata ata a Ponte da Ramallosa, facendo diversas paradas para explicar os diferentes elementos patrimoniais como as igrexas, o casco histórico, o cruceiro da Santísima Trinidade, a Pote Vella e a Ponte Nova de Sabarís, para rematar na Ponte medieval de Ramallosa.
 
O día 12, o itinerario continuou polo trazado do camiño a través de Nigrán, partindo da Ramallosa, Pías, o Pazo da Reboleira, a Igrexa de San Pedro da Ramallosa, rematando finalmente no Pazo de Cea.
 
O vindeiro xoves 18, ás 10.00 da mañá terá lugar a última das rutas históricas a través dos vellos camiños a Compostela, neste caso farase un percorrido dun tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte, dende o Pazo do Conde ata a Igrexa de Vilaza. Aínda quedan prazas libres, e os interesados poden inscribirse no teléfono 986 384 020.
 
Mércores, 10 Xullo 2019 12:05

Zumba ao aire libre

O Concello de Gondomar e a Concellaría de deportes organizan unha xornada de "Zumba ao aire libre". 

A actividade realizarase os días 16, 23 e 30 de xullo e o 6, 13, 20 e 27 de agosto.

 

Martes, 09 Xullo 2019 14:09

VIII Xuntanza Folclórica

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe organiza, o vindeiro sábado 20 de xullo, a VIII Xuntanza Folclórica.
Mércores, 03 Xullo 2019 16:08

Entrega de diplomas dos cursos online

Acto de entrega de diplomas dos cursos online organizados pola Concellería de Igualdade por parte da concelleira de igualdade e técnica do departamento.

 

Mércores, 03 Xullo 2019 16:06

Rutas de senderismo

Hoxe deron comezo as rutas de senderismo organizadas pola concellería de xuventude.

Martes, 02 Xullo 2019 13:48

Cinema na Rúa

Xa está de volta o cinema na rúa con COCO!! ??
 
Esperámosvos o próximo venres, ás 22:30, na Ponte das Rosas.
 
Contamos contigo.
 

Charla enmarcada dentro do ciclo de charlar-talleres da Concellería de Igualdade dentro de Centro de Información á Muller dirixida pola Concelleira Nuria Lameiro Valverde.

 

Terá lugar o venres 5 de xullo no Centro Neural ás 19h e correrá a cargo de Martina González Veiga, psicóloga, sexóloga e sanitaria especializada en intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero ademais de terapeuta de parella.

 

O Obxectivo principal desta charla-taller é facilitar a toma de conciencia de familias e profesionais de que é imposible non educar e que o silencio tamén educa. A educación sexual comeza dende a infancia e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos cos demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer ou o consentimento. Polo que non so ten en conta a dimensión biolóxica, senón tamén a psicoloxía, a social e cultural. Veremos de que falamos realmente cando falamos de sexualidade, do sexo que somos, do que temos e do que facemos.

 

Engadir que a entrada é de balde ata completar aforo, polo que non é necesario facer una inscrición previa.

 

Martes, 02 Xullo 2019 11:50

Os caminos de Santiago polo Val Miñor

Como parte do traballo da especialidade de "Promoción Turística Local e información ao visitante" do Obradoiro de Emprego Valmiemprega III, temos programadas tres rutas Guiadas dirixidas ao público en xeral e que terán lugar en Baiona, Nigrán e Gondomar os día 10, 12 e 18 de xullo respectivamente.
 
Venres, 28 Xuño 2019 12:58

Día Internacional do orgullo LGTBIQ

A Concellería de Igualdade (cim) do Concello de Gondomar mostra o seu apoio ó Día Internacional do orgullo LGTBIQ a favor dunha identitade sexual libre e en Igualdade de condicións.
 
#DiversidadeEIgualdade
 
 
A CONCELLERÍA DE DEPORTES do Concello de Gondomar organiza cursos de 1º Auxilios nos Centros Culturais do concello.
 
A Concellería de Deportes dirixida por Nuria Lameiro Valverde co lema “TI PODES SALVAR UNHA VIDA”, vai por en marcha durante o mes de xullo un ciclo de charlas sobre primeiros auxilios en cada unha das parroquias do Concello de Gondomar.
Queremos facilitar a participación de toda a veciñanza nesta actividade realizándoo no seu entorno mais inmediato.
Nesas dúas horas traballaranse as distintas pautas de actuación básicas ata que non chegue a asistencia médica de maneira teórico-práctica. Nos ocuparemos dos signos vitais, avaliación primaria e secundaria, síncopes, convulsións, conduta PAS, atragantamentos posición lateral de seguridade, centrándonos na reanimación cardio/pulmonar. Todos debemos ter uns coñecementos mínimos imprescindibles para que o noso deber de prestar axuda sexa eficaz e poidamos tanto minimizar lesións nun accidente como salvar a vida do accidentado.
 
Todos os interesados en participar nestas 12 charlas deben pórse en contacto co centro cultural da súa parroquia. Para os que se van realizar no Centro Neural deberán inscribirse no 986.369.746.
 

Rss