^ Ir arriba

novas

Xoves, 27 Xuño 2019 16:34

Curso de 1º Auxilios nos Centros Culturais do concello

A CONCELLERÍA DE DEPORTES do Concello de Gondomar organiza cursos de 1º Auxilios nos Centros Culturais do concello.
 
A Concellería de Deportes dirixida por Nuria Lameiro Valverde co lema “TI PODES SALVAR UNHA VIDA”, vai por en marcha durante o mes de xullo un ciclo de charlas sobre primeiros auxilios en cada unha das parroquias do Concello de Gondomar.
Queremos facilitar a participación de toda a veciñanza nesta actividade realizándoo no seu entorno mais inmediato.
Nesas dúas horas traballaranse as distintas pautas de actuación básicas ata que non chegue a asistencia médica de maneira teórico-práctica. Nos ocuparemos dos signos vitais, avaliación primaria e secundaria, síncopes, convulsións, conduta PAS, atragantamentos posición lateral de seguridade, centrándonos na reanimación cardio/pulmonar. Todos debemos ter uns coñecementos mínimos imprescindibles para que o noso deber de prestar axuda sexa eficaz e poidamos tanto minimizar lesións nun accidente como salvar a vida do accidentado.
 
Todos os interesados en participar nestas 12 charlas deben pórse en contacto co centro cultural da súa parroquia. Para os que se van realizar no Centro Neural deberán inscribirse no 986.369.746.