Comezou o itinerario dando a benvida as mais de 50 persoas que participaron na praza do concello, onde se lles fixo una breve mención histórica sobre a vila e outras curiosidades, a seguinte parada foi xunto a Ponte de Ánimas, onde os participantes tiveron a oportunidade de coñecer algo máis sobre ese fermoso paraxe xunto ao río Miñor e o antigo Camiño Real que por alí pasaba.
Unha vez chegado ao pazo se fixeron varias paradas para coñecer a interesante historia do Pazo en relación coa vila de Gondomar, a figura de Don Diego Sarmiento de Acuña, fillo ilustre da vila, os terreos e antigos xardíns, a arquitectura do edificio e as súas diferentes etapas, resaltando a fachada norte, e o Patio de Armas coa súa impoñente fachada sur, para finalmente rematar co carácter militar e visitar as portas que aínda conserva, a Porta de Baiona e a Porta de Tui ou do sol, testemuñas de moitos feitos históricos alí acontecidos. Os asistentes amosaron gran satisfacción e agradecemento pola oportunidade que se lles brindou de poder acceder ao interior do recinto, e amosarlles parte da nosa historia.