^ Ir arriba

novas

Luns, 04 Xuño 2018 20:27

Grande acollida da 6ª Edición da Festa da Empanada de Gondomar

Trece establecementos da Vila de Gondomar participaron no evento organizado dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI e en colaboración ca Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar.

 Desde o mércores 16 ata o 20 de maio tivo lugar a sexta edición da Festa da Empanada, organizada pola Asociación de empresarios e comerciantes do Val Miñor (OVALMI) en colaboración ca concellería de comercio e turismo do concello de Gondomar.

A cita gastronómica tivo unha grande acollida entre veciños e foráneos que se achegaron ata Gondomar para gozar desta delicia culinaria tan presente en Galicia.

13 establecementos hostaleiros de Gondomar repartiron durante estes 5 días de celebración do evento, centos de racións de multitude de variedades de empanada: carne, xoubas, polo, flan, entre outras.

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) afirma que a participación por parte da hostalería foi moi boa tendo en conta o número de locais adscritos e amósanse satisfeitos cos resultados do evento.

Pola súa banda, a Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar, manifesta que seguirá apostando e colaborando con este tipo de citas que permiten potenciar, ademais do lugar, a gastronomía e hostalería do municipio.

Esta 6ª Edición da Festa da Empanada foi a consolidación deste evento no calendario de actividades do Val Miñor.

 

En esta edición, volveuse a elexir a mellor empanada, sendo os gañadores:

 1º PREMIO MELLOR EMPANADA 2018

RESTAURANTE CASA SOLEIRO

2º PREMIO MELLOR EMPANADA 2018

TAPERÍA A GALIÑA

 3º PREMIO MELLOR EMPANADA 2018

RESTAURANTE PAZO DA ESCOLA / CAFÉ BAR ESTANCO

 O premiado da noite con aloxamiento e desayuno no PARADOR DE TURISMO CONDE DE GONDOMAR EN BAIONA, foi:

IAGO PUGA ACEVEDO