^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

teo-600x600.jpg

 

O novo espectáculo do músico vigués, Teo Cardalda, "Claves Líricas" estrearaseeste próximo xoves 22 de outubro en Gondomar. A partir das 20.30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío poderemos gozar deste novo proxecto do artista no que mestura teatro e música, nunha especie de ópera-pop que vira ao redor da obra e figura do escritor e dramaturgo Ramón de Valle-Inclán. 

 Chega aos  escearios tras un importante traballo de documentación por parte de Teo  Cardalda  desenrolado desde hai unha década da obra poética do autor de Vilanova de Arousa, que tamén se editou en forma impresa de disco-libro.

 Tanto o espectáculo como o volume cos novos temas herdan o nome do recompilatorio de poemas que Valle-Inclán escribiu en 1930, entre os que María Monsolís, realizou unha selección de pezas que chegan envolvidas de música, proxeccións e coreografías que nos permitirán viaxar a través do rock, o rap ou a balada, e mesmo descubrir novos textos compostos por Cardalda que nos convidan imaxinarque visión tería do noso século Valle-Inclán.

 Con Teo Cardalda na pel de Valle-Inclán e María Monsonís na de Josefina Blanco, “Claves líricas” ofrece unha radiografía artística do escritor e trasladará ao público a imaxe do mundo como esperpéntico sainete.

 Tras la estrea en Gondomar o dúo levará este espectáculo, ao amparo do Xacabeo 21-22, as vilas de Culleredo, Vilanova de Arousa e, por último á Cidade da Cultura de Galicia.

 

Máis info en https://taquilla.concellodegondomar.gal 

tdah.png

Coincidindo coa celebración do Día Nacional do TDAH (27 de outubro) a concellería de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, programa unha charla para desmitificar informacións que existen sobre este trastorno que afecta entre o 5 e o 7 % dos neno/as en idade escolar. A información como ferramenta e medios para combater prexuízos baseados no descoñecemento.

O Centro Neural acollerá esta charla que impartirá a psicóloga Paula Fernández Rodríguez o próximo día 29 de outubro a partir de 19.00 h. Baixo o título “TDAH. Máis aló do diagnóstico” preténdese dar a coñecer máis detalles deste trastorno neurobiolóxico, acabar cos seus mitos e mentiras creadas ao redor del.

A experta en adolescencia, trastornos de conduta e aprendizaxe, así como de TDAH, aproveitará esta charla para dar a coñecer a outra cara deste trastorno, a que día a día viven quenes o padecen e as súas familias, así como as normas básicas para a súa xestión “tentando ir máis aló da súa realidade máis obvia”.

O TDAH diagnostícase en nenos 3-4 veces máis que en nenas, unha diferenza que se atenúa conforme aumenta a idade. Persiste o trastorno nalgúns pacientes na adolescencia e na idade adulta: 40-70% adolescentes e ata 50-60% nos adultos.

Máis información no teléfono 986 369.746 ou en This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Entre os días 19 de outubro e 2 de novembro poderanse presentar as solicitudes ás
subvencións en réxime de libre concorrencia do concello de Gondomar para actividades
culturais, actividades de fin social e actividades deportivas do 2021, publicadas este luns no
Boletín Oficial da Provincia.
 
O obxectivo destas axudas é fomentar o desenvolvemento de actividades, execución de
obras ou investimentos en adquisición de subministros que redunden en beneficio da
colectividade entre os veciños/ as de Gondomar nos ámbitos de cultura, deportes ou fins
sociais, respectivamente.
 
As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou colectivos
cidadáns, persoas ou entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades de interese
municipal, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que,
carecendo de personalidade xurídica, poida levar a cabo as actividades obxecto da subvención.
As bases e a documentación necesaria que se debe encher para presentar as
solicitudes poden descargarse na páxina web www.concellodegondomar.gal na columna de
“DESTACADOS”.

2O4A0292.jpg

O concello de Gondomar acollerá durante nove meses o novo taller de emprego“Coidando Miñor”, en colaboración cos concellos de Baiona e Nigrán, no que se formarán alumnos dos tres municipios das especialidades de Limpeza de superficies e locais, e, emprego doméstico e atención sociosanitaria. 

 O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos seus homónimos de Baiona e Nigrán, Carlos Gómez e Juan González,respectivamente, así como a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, inauguraron este novo taller dando a benvida aos alumnos e alumnas que “unha vez máis cubriron rapidamente as prazas previstas demostrando o interese que suscitan estas convocatorias”. 

 Como en ocasións anteriores o taller estará dividido en dous grupos de 10 alumnos por especialidade que ademais de formarse e obter os certificados de profesional correspondente (limpeza de superficie e locais, e, emprego doméstico e atención sanitaria), durante o período de 9 meses que asistan ao taller de formación percibirán o Salario Mínimo Interprofesional. 

 Subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade cun orzamento de 346.946 euros pertence aos tres concellos da mancomunidade e execútase en Gondomar. O rexedor deste concello, Paco Ferreira, subliñou precisamente o feito de “que a colaboración de administracións en materias tan sensibles como a xeración do empregoé fundamental como demostra o éxito das edicións de talleres xa celebradas anteriormente nas que un 50% dos participantes lograron inserirse no mercado laboral”. 

 Unha idea na que coincidiron os distintos representantes políticos presentes no acto, que animaron aos beneficiarios e beneficiarias deste novo obradoiro “a esforzarse e aproveitar a oportunidade de formarse e adquirir novas ferramentas para adecuarse ásdemandas do mercado laboral”.

Friday, 15 October 2021 19:46

Volve a cita con Enduro Serra do Galiñeiro

245513595_2935311370064739_6454449405966728618_n.jpg

Nova cita co deporte en Gondomar. Todo preparado para gozar dunha nova edición da proba Enduro Serra do Galiñeiro, organizada por Máis Enduro en colaboración coa concellería de Deportes de Gondomar.  A probar, que contará con 140 participantes, celebrarase este domingo a partir das 09.00 da mañá, hora prevista para a saída.

Según a estimación dos organizadores as dúas se entregarán os premios aos gañadores/as na explanada que hai fronte o Centro Cultural de Vincios.

#enduro #deporte #gondomar

4835480.jpg

No programa "Gondocultura Outono" en Gondomar, quenda para o cinema galego coa película "9 Fugas" de Fon Cortizo, premio Mestre Mateo á mellor Banda Sonora Orixinal e nomeamento á mellor fotografía. Tamén premiada no festival de Xixón.

Este venres 15 de outubro, a partir das 21.00 horas, podedes descubrir unha narrativa fuxida, que nos arrastra e seduce dende o principio. Poderiamos estar ante a historia dunha rapaza en busca de algo, pero esa é só a escusa para un cruzamento inusual entre música e cinema que resulta en mil e unha historias máis.

Máis info: hptts://taquilla.concellodegondomar. gal.

#Gondomar #aculturasegue #cinegalego

premio_ciencia.jpg

Convocado polo INTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS (IEM) e patrocinado pola Mancomunidade do Val Miñor, acaba de ser concedido por o xurado de expertos, segundo se recolle na acta remitidas polo xurado,  e unha vez abertas as plicas,  aosveciños de Gondomar

Xosé Luís Mosquera Veleiro, pola súa obra O Val de Miñor durante a Segunda República (1931-1936) e un accésit a Elena Crespo Fernández polo seu  traballo A represión franquista en Gondomar.

A dotación do premio é de 3000 €, e a súa publicación para a obra gañadora,  e de 1000 € para o accésit e a publicación dun resumo na Revista de Estudos Miñoráns REM.

Os premios serán entregadas nunha data próxima, aínda por concretar, nun acto que será anunciado oportunamente, ao tempo que se convocará a segunda edición,  na que se animará aos xoves investigadores dos cursos de bacharelato e FP dos  institutos  e aos da Universidade, para que sigan avanzando nos estudos locais e a outros investigadores que teñan entre as súas investigacións  traballos centrados na nosa Comarca.

O concello do Val Miñor adhírese á declaración da Federación Española de Municipios e Provincias e súmase á celebración desta xornada na que, entre outras cuestións, lémbrase a necesidade de poñer en marcha as actuacións necesarias para garantir unha mellora na situación da muller nas zonas rurais. 

​A declaración reivindica o papel esencial das mulleres para asentar a poboacióne loitar contra o envellecemento dos municipios e “defendemos a súa visibilización e empoderamento como medio para o cambio social, económico e cultural necesario para construír un futuro en igualdade”. 

​Neste sentido Gondomar comprométese a seguir traballando na promoción de actuacións e estratexias dirixidas a garantir a oportunidade laboral e facilitar as medidas de conciliación e corresponsabilidade. Á vez desde o goberno reafírmase o compromiso coa inclusión da perspectiva de xénero en todas as políticas locais.

​Segundo datos da ONU as mulleres rurais representan unha cuarta parte da poboación mundial, e en Galicia o papel desempeñado por elas é fundamental porque “Galicia non se entende sen o rural e sen as súas mulleres”. Por iso é preciso seguir apostando por reducir a fenda dixital de xénero e apoiar o empoderamento das mulleres neste sector, con actuacións encamiñadas ao desenvolvemento profesional das mulleres rurais como motor da dinamización.

Mundialmente, con poucas excepcións, todos os indicadores de xénero e desenvolvemento mostran que as campesiñas se atopan en peores condicións que os homes do campo e que as mulleres urbanas, “situación coa que temos que rematar entre todos e todas”.

 photo_2021-10-05_14-25-41.jpg

Este plan, que deberá presentar nun prazo máximo de dous anos, é un compromiso adquirido por Gondomar tras adherirse ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, iniciativa europea na que os gobernos locais e rexionais comprométense voluntariamente a implantar no seu territorio en materia de clima e enerxía da UE. 

​O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presidiu o primeiro encontro de traballo no que xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, as técnicas deste departamento, Karina Pereira e Paula Rivera, así como outros representantes do goberno local, no que a empresa Inova Labs expuxo os pormenores e accións concretas a abordar para poder elaborar e redactar o futuro plan.

​Financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través dos fondos europeos FEDER, o concello de Gondomar dá os primeiros pasos para a redacción do documento final que deberá expoñer xa medidas concretas que permitan contribuír ao obxectivo europeo de redución dos gases de efecto  invernadoiro nun 40% para o 2030. 

​O Plan de Acción para o Clima e a Enerxía de Gondomar, ademais de esbozar as accións craves para lograr reducir o consumo enerxético en liña cos obxectivos de desenvolvemento sostible das Nacións Unidas, deberá incluír un inventario de emisións de referencia e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticos.

​“Demostramos unha vez máis que o noso compromiso coa loita contra o cambio climático e os obxectivos 2030 é firme e serio, como demostran as distintas políticas e accións que neste sentido puxemos en marcha desde o inicio da lexislatura.  Queremos que Gondomar sexa un referente de sustentabilidade e consumo enerxético responsable”, concluíu o alcalde.  

 2O4A6380.jpg

O espazo de lectura e de préstamo da biblioteca Municipal de Gondomar están de novo en marcha e recupera a súa actividade habitual, tras algo máis dun ano pechada debido ao confinamento, primeiro, e polas obras de rehabilitación e modernización que culminaron coa construción do ascensor para facilitar a mobilidade no edificio.

​A biblioteca, aberta dende hai quince días, recupera en outubro o seu horario habitual permanecendo aberta de 09.00 a 14.00 horas polas mañás, e entre as 17.00 e as 20.00horas, pola tarde, de luns a venres facilitando o acceso tanto ao espazo de lectura como ao servizo de préstamo, así como a diversas actividades que se desenvolverán durante o ano como poden ser as organizadas por Espazo Lectura, entre outras.

​Nos meses que permaneceu pechada, a actividade non cesou no seu interior xa que se aproveitou para acometer a primeira catalogación de volumes da historia da biblioteca, expurgando un total de 15.000 exemplares deteriorados ou repetidos, e actualizando o fondo definitivo de títulos que se cifra en 12.000. Ademaisorganizouse o espazo por cores, idades e temáticas para “facilitar aos usuarios eusuarias o acceso aos libros que buscan, de forma máis intuitiva”.

​Por outra banda, durante este proceso estableceuse un sistema de seguridadepara evitar o roubo de libros, dotando dun sistema de alarma os volumes e un arco de seguridade de control na porta de acceso e saída da biblioteca.

​Un centro que tamén estrea nesta nova etapa o ascensor, obra demanda desde hai moito tempo, e que este goberno fixo realidade para facilitar o acceso ás persoas con mobilidade reducida.

Page 10 of 98

Rss