^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

FOTO PROYECTO RÍOS 2021.jpg

O concello de Gondomar adhírese un ano máis ao “Proxecto Ríos” e á limpeza simultánea que os seus organizadores, a asociación ambiental ADEGA, desenvolverán o próximo 26 de setembro en diferentes municipios de Galicia. 

 Dentro da aposta clara do goberno local por fomentar iniciativas que permitan defender o medioambiente e a contorna natural, nesta ocasión a actividade será coordinada pola concellería de Medio Ambiente dende a que se anima á veciñanza que se sume á limpeza dos ríos Zamáns e Miñor.

Os interesados en participar poderán inscribirse chamando ao teléfono 986 360125 ou no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., onde deberán deixar o seu nome e apelidos completos e o DNI. No caso de menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto que se responsabilice deles.

A limpeza comezará ás 10.00 da mañá do domingo 26 de setembro e o punto de encontro será a Ponte das Ánimas. Os voluntarios e voluntarias recibirán máscaras,unha camiseta conmemorativa do evento, bolsas e luvas, así como unha pequenamerenda, ofrecida polo concello, ao remate da actividade. 

Dende a concellería sublíñase a importancia destas accións como un elemento fundamental para a educación e sensibilización ambiental dos cidadáns. “A pesar dos avances logrados nos últimos anos e a mellora da calidade dos nosos ríos, “queda moito traballo que facer”, afirma o edil Brais Misa, quen lembra que nese camiño continuará actuando o goberno local. 

Na edición do pasado ano do “Proxecto Ríos” os voluntarios retiraron un total de 800 quilos de residuos das ribeiras e do leito do río Miñor e as desembocaduras do Zamáns e do Morgadáns.

O vindeiro luns 20 de setembro abrirase o prazo de inscripción dunha nova edición das escolas deportivas municipais que o goberno local, a través da Concellería de Deportes, promove co fin de implicar aos máis pequenos/as e mozos/as na práctica do deporte e a concienciación dos hábitos saudables.

 Os interesados poderán inscribirse na oficina do Pavillón municipal Bernabé Costas de Miranda  de luns a venres, do día 20 ao 30 de setembro de 10.00 a 13.00 horas en horario de mañá, e entre as 17.00 e as 20.00 horas polas tardes. 

Este ano ofertaranse un total de 20 actividades deportivas, desenvoltas pola Concellaría de deportes en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra e diferentes clubs deportivos do municipio. 

Tenis, judo, fútbol, balonmán, ximnasia acrobática, atletismo, tiro ao arco, tenis de mesa, taekwondo, baloncesto, fitness, escola de  GAP, fútbol  gaélico e xadrez son algunhas das opcións que se ofertan este ano, e que se desenvolverán coincidindo co calendario escolar dos participantes.

O prezo de matrícula de calquera actividade será de 83,83 euros (incluíndo nesta cantidade o pago do seguro), por curso de 9 meses, e 75,61 (incluíndo seguro) por curso de 8 meses. Así mesmo aplicarase unha redución dun 25% no caso de matrícula dun segundo membro da mesma familia, e dun 50% sobre a tarifa para partir do terceiro e seguintes. 

 ESCOLAS DEPORTIVAS

DÍPTICO ESCOLAS DEPORTIVAS

DÍPTICO ESCOLAS DEPORTIVAS II

af9a4a3c-f076-40c4-be00-4fa69a09131c.jpg 

O goberno local segue dotando de medios e materiais aos apicultores que loitan contra esta especie invasora ante a escasa resposta e inacción da Xunta á hora de exercer as súas competencias nesta materia.

​O goberno local de Gondomar, a través da Concellería de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, dirixida por Brais Misa, segue dando pasos para combater a invasión das velutinas no municipio e retirar os niños que desta especie formáronse neste ano, experimentando un ritmo de crecemento importante.

​Ás trampas que no seu día se facilitaron aos apicultores da zona súmase agora unha marcadora que permitirá  inocular veleno aos niños de forma directa a través do disparo de cápsulas biodegradables. “É o 012 o que debe atender os requirimentos das persoas afectadas, pero o considerable atraso co que son atendidos fainos intervir porque o goberno local non pode quedar cruzados de brazos”, manifestou o rexedor Paco Ferreira.

​A nova marcadora, que cumpre todos os requisitos establecidos pola normativa, permitirá acceder a aqueles niños que se atopan a máis altura, podéndose  alcanzar ata os 50 metros.

​O concelleiro de Medio Ambiente reitera que é o teléfono gratuíto 012, dependente da Xunta de Galicia, ao que deben dirixirse sempre en primeiro lugar os afectados polos niños das velutinas, pois o goberno autonómico financia unha empresa específica para atender estes casos.

“Certo é que o incumprimento sistemático dos cinco días de prazo para actuar pola súa banda levan a moitos veciños e veciñas a recorrer a nós”, explica o edil, que lembra que só neste caso poden pedir axuda ao  concello, cubrindo unha solicitude que pode retirarse no rexistro municipal ou a través da web. 

Competencias que asume o goberno de Gondomar coa colabración de tres apicultores expertos os que no último ano facilitouselles traxes de protección integral e materiais específicos, ao que se sumaron 50 trampas para acabar coa velutina, sumando agora a nova marcadora que permitirá avanzar no control desta especie invasora.

Medio Ambiente tamén ten en marcha un ficheiro de control de retirada dos niños, segundo o que no primeiro semestre deste ano 2021 retiráronse xa un total de 103niños fronte os  178 retirados en todo o ano 2019 .

AJEDREZ (1).jpg

O Concello quérese converter nun punto de encontro de xadrecistas e en promotor da práctica deste xogo en toda a comarca do Val Miñor “da que esperamos xurdan novos campións e campioas na materia”. A Escola, que comenzará a funcionar en breve, abrirá a matrícula para a mocidade e adultos.

 ​A Escola poñerase en marcha en colaboración de “Xadrez  Galego” e contemplará a opción de impartir as clases tanto presenciais como en liña “para facilitar  ao máximo a posibilidade de formarse a todos aqueles que estean interesados en matricularse”, afirmou o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, quen anunciou que “iremos máis aló á hora de relanzar esta actividade deportiva, coa celebración de xornadas abertas e campionatos durante todo o ano”.Ademais colocaranse diferentes taboleiros de xadrez en zonas de lecer nas que poder xogar en calquera momento do ano. 

​A futura Escola Municipal de Xadrez de Gondomar nace coa ambición de converterse nun referente e para iso contará coa colaboración do Mestre Internacional e director do centro Xadrez  Galego, Roberto  Paramós, que agradeceu “a boa disposición mostrada por Gondomar e o seu alcalde á hora de apoiar a posta en marcha do centro” no que ademais de formar a futuros e futuras xadrecistas, tamén “nos encargaremos de potenciar e promocionar esta actividade a e organizar diferentes competicións”.

​“Todo está en marcha xa”, afirmou Paco Ferreira, “e en breve daremos a coñecer o calendario 2021/22 das distintas citas que se programarán e que estarán baixo a supervisión da Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro”.  Nos próximos días abrirase o prazo de inscrición, que será publicitado na web e redes sociais, e “poderanse ir descubrindo e gozando xa de partidas nos distintos taboleiros que se situarán en Gondomar ao aire libre”, concluíu o alcalde.

material_infantil.jpg

A subvención, un total de 1400 euros, destínase á adquisición de material escolar nas etapas de infantil, axudas que a Xunta non cobre e que o Goberno local financia íntegramente. Nesta ocasión son 13 familias as que se benefician do bono de 100 euros no inicio do actual curso escolar.

 Este apoio económico vén ofrecéndose desde o departamento de Benestar Social do actual executivo “ante a demanda e necesidades de moitas familias que, con pequenos e pequenas en educación infantil, teñen serias dificultades para adquirir o material que precisan e que a Xunta de Galicia nesta etapa educativa non subvenciona”, aseguran responsables do departamento.

Por esta razón ponse en marcha este liña de axuda municipal dirixida aos alumnos e alumnas matriculados/as nos centros escolares de Gondomar e nos pertencentes ao Colexio Rural Agrupado (CRA), podendo optar unicamente a elas persoas que se atopan en situación de emerxencia social. As axudas, otórganse tras estudar as solicitudes unha a comisión de valoración integrada pola concelleira de Benestar Social, unha traballadora social e a educadora familiar.

En total o departamento fixo entrega de 1400 euros, repartidos entre trece familias solicitantes e que permitirán bonificar o material escolar de 14 alumnos/as de Educación Infantil no curso 2021-22.

241697184_2910255445903665_1280107824248051593_n.jpg
O pleno deu luz verde ao regulamento que rexer· a acciÛn dos voluntarios e voluntarias en Gondomar, un texto que, entre outras cuestiÛns, incl˙e a creaciÛn dunha bolsa municipal de voluntariado con seguro e formaciÛn para os seus integrantes. A colaboraciÛn poderase desenvolver en diferentes proxectos como os sociais, sanitarios educativos ou ambientais, entre outros. 
 
 
O novo regulamento recolle os dereitos e deberes das persoas que queiran formar parte de actuaciÛns que se consideren dentro do ·mbito da acciÛn voluntaria, a realizaciÛn de acciÛns de interese xeral vinculadas coa acciÛn social e o benestar social, as de natureza sociosanitaria, de defensa dos dereitos humanos, da infancia, das persoas con discapacidade, da efectividade dos dereitos en condiciÛns de igualdade das mulleres, loita contra a pobreza, de cooperaciÛn ao desenvolvemento ou de defensa do Medio Ambiente, entre outras ·mbitos.
 
  ìO obxectivo È lograr un programa transversal para que calquera proposta que se expoÒa dende calquera concellarÌa, ou calquera idea que se nos propoÒa, pÛidase valorar e realizarî, explica o concelleiro de Voluntariado, Brais Misa, que lembra que ìeste regulamento quere sentar as bases necesarias e definitivas para ofrecer a m·xima seguridade xurÌdica dunha actividade que cada vez È m·is frecuente no municipioî.
 
Segundo o texto aprobado, pendente da s˙a publicaciÛn no BoletÌn Oficial da Provincia, poder·n formar parte do voluntariado as persoas maiores de idade, ou  menores a partir dos 12 ìque conten coa autorizaciÛn expresa dos proxenitores ou titores legaisî. En todos os casos valorarase que presenten o perfil adecuado para as tarefas que vaian desenvolver. 
 
Os aspirantes deber·n pasar unha entrevista de admisiÛn na que explicar os motivos polos que queren formar parte do programa de voluntariado municipal, e onde se lles informar· dos diferentes proxectos nos que se poden inscribir, os traballos que deber·n realizar, asÌ como os seus dereitos e obrigaciÛns.
 
Ademais gar·ntese a s˙a formaciÛn antes de iniciar o seu labor dentro do programa asÌ como un seguro durante o desempeÒo do seu traballo a favor da causa elixida. EstablÈcese tamÈn unha comisiÛn de seguimento que se reunir· unha vez ao ano para avaliar as actividades dos voluntarios e voluntarias, asÌ como o resultado das campaÒas nas que se est· traballando. 
 

 photo_2021-09-08_16-23-41.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o presidente da Comunidade de Montes Veciñais de Borreiros, acordaron asinar un convenio que recolle o compromiso do goberno local de acometer esta actuación a cambio da cesión da parcela e as súas instalacións para uso municipal.

 O acordo, que se subscribirá nos próximos días, recolle a necesidade do gobernode contar con máis instalacións deportivas e recreativas para atender a alta demanda destas actividades por parte da poboación, razón pola que a Comunidade de Montes en Mancomún de Borreiros cederá unha parcela (de preto de 2000 metros cuadrados)cunha pista polideportiva e un inmoble -que actualmente úsase para almacenaxe-situadas no Lugar San Martiño, próxima aos núcleos rurais de Monteiro e Lousado.

​Nela existen varias instalacións deportivas que serían acondicionadas e melloradas polo goberno local, cun investivemento de 63.500 euros. Ademais, a cesión contempla unha edificación que se “aproveitará para o seu acondicionamento como vestiarios deportivos vinculados ás instalacións existentes”, que na actualidade carecen deste servizo dificultando na práctica o uso normal das pistas de deporte.

​O alcalde Paco Ferreira e o presidente da Comunidade, Latino Rodríguez, pecharon esta mañá os flocos pendentes e “poñemos así en marcha a nosa colaboración coa parroquia de Borreiros para sacar o maior proveito por e para todos os seushabitantes, así como para o noso municipio”, manifestou o rexedor que lembrou “aospoucos pero sen pausa seguimos traballando por e para Gondomar, para todas e cada unha das súas parroquias”.

​ Neste caso sinalou a importancia de apostar unha vez máis polo deporte e o seuachegamento ás novas xeracións e á poboación en xeral “como unha forma de gozar o tempo libre, pero sobre todo como filosofía de fomentar os hábitos saudables entre a nosa poboación”.

​Ademais da construción dos vestiarios e a mellora das infraestruturas deportivas e de recreo da contorna do edificio, o concello asume durante a vixencia do convenio -4 anos prorroglables por outros tantos- os gastos de conservación ordinarios do citado espazo.

 

Pola súa banda a Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Borreiroscede o uso gratuito das instalacións “sen prexuízo de utilizar e gozar do terreo”. Tanto o presidente dos comuneiros como o rexedor de Gondomar coincidiron á hora de afirmar “que é un acordo co que gaña a parroquia, gaña todo o municipio” e apostaron por manter a liña de colaboración aberta en próximas actuacións.

 

Tuesday, 07 September 2021 18:48

A CULTURA SEGUE VIVA EN GONDOMAR

 Promo Cantares de Brion.jpg

photo_2021-09-07_12-49-18.jpg

Tomade boa nota porque o programa de cultura do Concello de Gondomar aínda non rematou. Dobre cita o vindeiro sábado 11 de setembro.

Ás 19.00 horas na Praza da Paradela concerto de "Cantares de Brión", e ás 21.30 horas "Cinema na rúa" coa proxección da película "María Solinha" no Parque das Rosas, contando coa presentación e posterior coloquio en directo co director desta longametraxe, Ignacio Vilar.

Máis info: htpss://taquilla.concellodegondomar.gal

#Gondomar #aculturasegue #anosa #onoso

photo_2021-09-07_13-40-35.jpg

Todo preparado para gozar dunha cita clásica do deporte e de Gondomar: a Marcha Cicloturista que organiza o Club Ciclista de Gondomar en colaboración co Concello e que este ano alcanza o seu vixésimo primeira edición.

Todos os interesados/ as en participar aínda están a tempo de inscribirse na páxina www.clubciclistagondomar.org e gozar dun día de deporte xunto a figuras tan recoñecidas como Álvaro Pino, Samuel Blanco e Gustavo Veloso que se sumarán este ano ao pelotón da marcha cicloturista.

Os dorsais recolleranse entre as 08.00 e 09.00 na Praza da Paradela, punto de partida do evento ás 09.30 horas deste domingo 12 de setembro.

#Gondomar #ciclismo #deporte

Tuesday, 07 September 2021 11:09

GONDOMAR, CANTEIRA DE CAMPIÓNS

photo_2021-09-06_12-49-10.jpg

Os nosos mozos e mozas ábrense camiño nas competicións nacionais e demostran a canteira de grandes deportistas que temos en Gondomar.

Desde o Concello felicitamos a Dany Buba, veciño de Gondomar, que se fixo coa terceira posición na categoría de cadetes na IV edición da Copa de España de Enduro, celebrada esta fin de semana na localidade de Adrada en Ávila.

Parabéns, campión¡¡

#Gondomar #deporte #mocidade

Page 13 of 98

Rss