^ Ir arriba

novas

Friday, 08 October 2021 11:53

A biblioteca de Gondomar renova a súa actividade cos seus fondos actualizados e modernizados

 2O4A6380.jpg

O espazo de lectura e de préstamo da biblioteca Municipal de Gondomar están de novo en marcha e recupera a súa actividade habitual, tras algo máis dun ano pechada debido ao confinamento, primeiro, e polas obras de rehabilitación e modernización que culminaron coa construción do ascensor para facilitar a mobilidade no edificio.

​A biblioteca, aberta dende hai quince días, recupera en outubro o seu horario habitual permanecendo aberta de 09.00 a 14.00 horas polas mañás, e entre as 17.00 e as 20.00horas, pola tarde, de luns a venres facilitando o acceso tanto ao espazo de lectura como ao servizo de préstamo, así como a diversas actividades que se desenvolverán durante o ano como poden ser as organizadas por Espazo Lectura, entre outras.

​Nos meses que permaneceu pechada, a actividade non cesou no seu interior xa que se aproveitou para acometer a primeira catalogación de volumes da historia da biblioteca, expurgando un total de 15.000 exemplares deteriorados ou repetidos, e actualizando o fondo definitivo de títulos que se cifra en 12.000. Ademaisorganizouse o espazo por cores, idades e temáticas para “facilitar aos usuarios eusuarias o acceso aos libros que buscan, de forma máis intuitiva”.

​Por outra banda, durante este proceso estableceuse un sistema de seguridadepara evitar o roubo de libros, dotando dun sistema de alarma os volumes e un arco de seguridade de control na porta de acceso e saída da biblioteca.

​Un centro que tamén estrea nesta nova etapa o ascensor, obra demanda desde hai moito tempo, e que este goberno fixo realidade para facilitar o acceso ás persoas con mobilidade reducida.