Gran acollida do primeiro curso de Autodefensa organizado polo departamento de Igualdade do concello de Gondomar, e promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade.
En total 16 mulleres do municipio de idades comprendidas entre os 18 e 50 anos, aproximadamente, anotáronse a esta actividade quedando fora moitas outras interesadas debido ás medidas sanitarias vixentes pola pandemia que impediron ampliar o número de participantes.
Trátase dun curso de adestramento físico e psicolóxico para crear protocolos de actuación ante diversas situacións. Cunha duración de 8 horas é impartido por Manuel Herbón, membro dos Corpos e Forzas de Seguridade, e monitor especialista en defensa persoal, integrante da Federación Galega de Loita e docente da Academia Galega de Seguridade Pública.
O alcalde, Paco Ferreira, asinou o convenio de colaboración coa presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, primeiro paso para iniciar a actuación de adecuación urbana e sostibleda Plaza de Rosalía de Castro, obra que se enmarcadentro doPlanREACPON, polo que a institución provincial achegará 670.000 euros, un 80 por cento do financiamento, e o 20% restante correrá a cargo das arcas municipais, isto é, 163.544,36 euros.
O alcalde deGondomar, PacoFerreira, destacou a importancia da colaboración da Deputación Provincial senaque “os grandes proxectos que se están desenvolvendo no noso municipio serían impensables”.
Tras a firma do convenio orexedor gondomareñoagradeceu aimplicacióndaDeputaciónProvincial natransformación que seestá acometendoen Gondomar. Neste sentido lembrou que “temos as ideas claras respectodo modelode localidade que queremos, centrado nas persoas e para as persoas, algo que, sen dúbida, é moito máis fácil facer realidade coa man tendidaque sempre atopamospor parte daDeputaciónos concellos como o de Gondomar”.
Nese sentido lembrouque ademáisdo Plan REACPON, no que se enmarca a actuación en Rosalía de Castro, en Gondomar están en marcha outras actuacións financiadas conachegasprovinciais que nos “están permitindoa transformarvías e o contorno urbano”.
A actuación naPraza RosalíadeCastro impulsaráa mobilidade, accesibilidade e seguridade neste espazo, que pretende convertersenun puntode encontro para as persoas. Actuarase sobre unha superficie de máis de 2500 metros cadrados, creando unha gran praza con plataforma única e zonas verdes, iluminación sostible, zonas de descanso, aparcamentospara bicicletas,mesas e asentos. Ademais instalaranse gravados da obra de Rosalía de Castro na zona axardinada para render homenaxe á gran escritora.
O prazo que se marca inicialmente o goberno é conseguir que a nova Praza estea listas para estreareste verán. Tras a firma do convenio convocarase a mesa de contratación para o próximo 25 de xaneiro, que xunto coa apertura dosobre Ce a realización dunha serie de avaliacións por partedos técnicos determinaráncal das empresas que presentaron as súas ofertas ao proceso, acometerá as actuacións.
Por segunda ocasión Gondomar e o Centro Dramático Galego (CDG) colaborarán cun único obxectivo: promover o achegamento do público ás novas producións do panorama escénico galego e facilitar o seu acceso a maior parte da xente interesada.
O programa “Subes ao autobús do teatro?” chega de novo a Gondomar para nesta ocasión facilitarlle as cousas a quen quera asistir a obra que hai en cartel e que se representa nos escenarios do CDG en Santiago: “A peste”, a versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra do Albert Camus coa que se reflexiona sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.
“Non é doado para todos ou todas aos que lles gusta o teatro ou queren descubrilo desprazarse ata Santiago, tendo en conta ademáis o custo económico que supón”, sinala o edil de cultura Juan Bas, quen explica “que grazas á colaboración entre o goberno local e o CDG facilitaremos o transporte e unha rebaixa no prezo das entradas”.
A cooperación entre ambas as institucións concrétase no frete dun autobús -con capacidade para 50 personas- que cubrirá o traslado de ida e volta ata Santiago o vindeiro
día 22 de xaneiro para asistir a representación de nova obra de Cándido Pazó, estreada dous días antes. También beneficiaránse dun precio reducido na entrada (6 euros persoa).
A reserva da praza debe facerse de forma anticipada no despacho de billetes de venta electrónica de Gondomar https://taquilla.concellodegondomar.gal.