Gondomar súmase a convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) convocando unha concentración silenciosa de 5 minutos, mañá mércores 09 de marzo ás 12.00 horas ante o Concello.
O acto quere amosar a nosa solidariedade co pobo ucraíno e o noso rexeitamento á guerra iniciada por Rusia, para invadir o país. Sumádevos¡¡
Gondomar sumouse un ano máis á conmemoración do día Internacional da muller cunha concentración na praza das Escolas Vellas na que se procedeu á lectura dun manifesto e tamén se gardou un minuto de silencio en especial por todalas mulleres que se viron obrigadas a abandonar a súa vida, os seus traballos e familias pola guerra de Ucraína.
Decenas de persoas sumáronse á concentración na que o alcalde, Paco Ferreira, agradeceu a súa presenza e lembrou que as administracións “teñen a obriga de aplicar a perspectiva de xénero á hora de gobernar e tomar decisións, reiterando o compromiso do seu goberno coa defensa das mulleres e na consecución dunha igualdade real na sociedade. “
A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar, Irene Pereira, xunto á avogada do CIM local, Marta Pardo e a concelleira de Igualdade Nuria Lameiro foron as encargadas de ler o manifestó. Nel lembraron “a fraxilidade dos dereitos alcanzados” e a necesidade de seguir conmemorando e manifestándose no 8M porque “en pleno século XXI, si as mulleres vense aínda obrigadas a reclamar algo tan básico como ter os mesmos dereitos fronte aos homes. Os mesmos dereitos para unhas que para os outros”.
Suliñaron que “non é unha denuncia dunhas poucas ou dunhas tolas, como a moitas persoas gústalles dicir”, sustentando nas cifras e datos oficiais a realidade da brecha salarial que existe entre homes e mulleres, así como os efectos que sobre os seus dereitos tivo a pandemia nos dous últimos anos.
Desde Gondomar instouse a tódolos organismos e entidades públicas e privadas, sectores produtivos, e á sociedade en xeral, “a poñernos as lentes lilas e a aplicar os principios de igualdade entre homes e mulleres, garantindo o mesmo trato, as mesmas consideración e oportunidades, así como as mesmas obrigas e dereitos”.
O concello de Gondomar, a través da súa concellería de Igualdade, ademais do acto central con motivo da celebración do día Internacional da muller traballadora,
desenvolverá diferentes actividades durante o mes de marzo e ao longo de todo o ano “promovendo a igualdade entre homes e mulleres os 365 días”.
O concello de Gondomar prepara as actividades centrais con motivo da celebración do día Internacional da muller traballadora, o próximo 8 de marzo, que se
desenvolverán na Praza Escolas Vellas -ante o antigo Centro de Saúde- onde se convocará unha concentración tras a que se lerá o manifesto oficial redactado para a
xornada.
Este ano adiántase a convocatoria oficial ás 11.00 da mañá “e convidamos a toda a cidadanía a sumarse a ela para lembrar que a loita pola igualdade real é unha
cuestión que debemos afrontar todos e todas unidos”. Tras este acto a concelleira de Igualdade e representantes municipais sumaranse á marcha organizada polas asociacións feminitas de Val Miñor desde o centro de Gondomar ata a ponte da Ramallosa.
Escape room pola igualdade
Como en anos anteriores, a mocidade e a cativada convírtense en protagonistas das actividades programadas “porque son eles e elas os que deben sementar os
valores da igualdade para que perduren no tempo e cambie a tendencia actual”. Así nos institutos do municipio estanse a impartir obradoiros e charlas sobre o 8 M e a
loita pola defensa dos dereitos femenismos.
Os días 28 e 29 de marzo sumaráse una nova actividade especificamente diseñada para os/as máis novos/as: “Estrelas”, un escape room, financiado con fondos do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade, e que terá como protagonistas ao alumnado de 5º de primaria dos CEIP de Gondomar. A través do escapismo deberán recuperar o fulgor dalgunha estrela feminina que por algún motivo cambiou o rumbo da historia, dando así luz a nomes como Isabel Zendal ou Maruja Mallo entre outras
moitas.
Por último o departamento de Igualdade de Gondomar lembra que a loita e as reivindicacións deben prolongarse todo ano. Así, nos próximos días, abrirase o prazo
de inscripción dunha nova convocatoria de formación online onde se abordarán cuestións como a educación para a diversidade, actuacións fronte ao acoso sexual ou a igualdade de oportunidade en actividades de lecer e tempo libre.
Voluntarias de Ecoembes convidaron os locais de Gondomar a sumarse a "Únete o reto", iniciativa á que se adheriu o concello e cuxo obxectivo é mellorar as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e aumentar nun 10% os quilos recollidos o ano pasado.
Esta é unha das diferentes accións que desenvolveránse no municipio, entre os meses de marzo e maio, para lograr este reto que se se logra recibirá 2000 euros para destinar a unha ong.
“Únete ao reto” contempla a instalación temporal de colectores xigantes (4metros de alto por 2 metros de ancho), acompañados de acciónsde información, de comunicación a través das redes sociais ou actividades en centros escolares e sociais para mobilizar ao maior número
de persoas posible.
Ademais “Únete ao reto” contempla a actuación de 17 monitores que se encargarán de informar á xente e dinamizaras accións que se programen nas rúas.
O concello suspende a celebración do enterro ante as previsións meteorolóxicas prevista para mañá mércores, onde a que a choiva é unha constante durante toda a tarde.
Trátase dun programa de fomento á lectura impulsado pola Concellaría de Xuventude e que na súa primeira edición tivo unha gran acollida entre a mocidade á que vai dirixida a iniciativa.
“Abrindo Portas” xurdiu no departamento co fin de motivar á mocidade a ler, amosándolles a través das redes sociais, obras de distintas temáticas que poidan suscitar ou seu interese e lles brinde unha nova experiencia lectora.
Así cada derradeiro venres de mes presentaranse a través da conta de instragram@omixgondomar tres títulos sobre unha temática concreta, que pode ser sobre a sexualidade, as adiccións, historias de adolescentes ou ciberacoso, entre outras.
Durante a primeira edición do programa recomendáronse un total de 42 títulos coa colaboración da Librería Libraira e 190 mozos e mozas reaccionaron ás propostas.