Gondoverán é un programa de lecer e tempo libre preferentemente para fillos e fillas de familias traballadoras, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables. Cofinanciado pola Deputación de Pontevedra
O prezo será de 65€ neno/a.
A inscrición realizarase do 7 ao 21 de maio a través do Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 8.30 a 14h ou ata as 24h a través da Sede Electrónica
Para calquera dúbida os/as interesados/as poderanse dirixir ao CIM, na Casa da Cultura, nos teléfonos 986 389 355/986 360 224 ou no seguinte correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Descargar Bases | [ ] |
Descargar autorizacións | [ ] |
Descargar obrigas | [ ] |
Descargar solicitude | [ ] |
INICIO DO PROCEDEMENTO DE MODIFICACIÓN DO INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS DE CARACTER PEONIL A PASO RODADO DO CAMIÑO DE O OUTEIRO EN AREOSA, DONAS
Ref. mdg/A/Urb./Expte. 2543/2017
ANUNCIO
ASUNTO.—INICIO DO PROCEDEMENTO DE MODIFICACIÓN DO INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS DE CARÁCTER PEONIL A PASO RODADO DO CAMIÑO DE O OUTEIRO EN AREOSA, DONAS
De conformidade co establecido polos artigos 56 e seguintes do Regulamento de bens das entidades locais e do establecido polos artigos 50 e seguintes da Lei de patrimonio das AAPP, sométese a información pública dun mes o expediente número 2543/2017, relativo ao asunto indicado no encabezamento, para que aquelas persoas interesadas poidan presentar cantas alegacións, documentos ou xustificacións estimen pertinentes en relación a dito asunto.
Gondomar, 30 de novembro de 2018
A concelleira de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda
Iria Lamas Salgueiro
Por delegación de sinatura por Resolución da Alcaldía do día 22.10.2018
ENLACE Á PUBLICACION ORIXINAL NO BOP https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/12/26/2018057972
Municipal
Outros documentos, notificacións e informacións públicas
INICIO DO PROCEDEMENTO DE INVESTIGACIÓN DA CUALIFICACIÓN XURÍDICA DUN RAMAL NUN CAMIÑO DE PIQUETES, MAÑUFE (ESTRADA LEVADAS ESTRADA)
ANUNCIO
ASUNTO.—INICIO DO PROCEDEMENTO DE INVESTIGACIÓN DA CUALIFICACIÓN XURÍDICA DUN RAMAL NUN CAMIÑO DE PIQUETES, MAÑUFE (ESTRADA LEVADAS ESTRADA)
De conformidade co establecido polos artigos 56 e seguintes do Regulamento de bens das entidades locais e do establecido polos artigos 50 e seguintes da Lei de patrimonio das AAPP, sométese a información pública dun mes o expediente número 182/2018, relativo ao asunto indicado no encabezamento, para que aquelas persoas interesadas poidan presentar cantas alegacións, documentos ou xustificacións estimen pertinentes en relación a dito asunto.
Gondomar, 17 de decembro de 2018
A concelleira de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda
Iria Lamas Salgueiro
Por delegación de sinatura por Resolución da Alcaldía do día 22.10.2018
Enlace detalle no BOP Pontevedra
COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA
Convócanse as probas de acceso á Universidade para Maiores de 25 anos e Maiores de 45 anos, para este ano 2019
PRAZO: do 21 xaneiro ata 8 febreiro
+25: exame Fase Xeral (comentario texto, lingua castelá, lingua galega, lingua estranxeira a elexir).
Exame Fase específica ( opción A artes -humanidades, B ciencias, C ciencias da saúde,D ciencias xurídicas e sociais,E enxeñaría e arquitectura) e unha optativa
+45: proba comentario de texto, proba lingua castelá e proba lingua galega. Entrevista persoal
Información www.ciug.gal
Gondomar á escea.
A Aula de Teatro abre plazo de inscrición para aqueles que queiran participar en clases de expresión corporal, texto en voz, dinámica de grupo ou desinhibición.
Máis información na oficina do OMIX ou chamando ó 986 369 746.
Resultados do II Concurso de Embelecemento de balcóns ou ventás e fachadas da Vila de Gondomar
ANUNCIO do 19 de xullo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-331, punto quilométrico 11+200 a 14+600, de clave PO/17/137.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.
Está dispoñible en formato papel no Departamento de Urbanismo.
DOCUMENTACIÓN
1.- CONVOCATORIA
O concello da Vila de Gondomar convoca o II Concurso de Embelecemento de Balcóns ou Ventás e Fachadas da Vila de Gondomar para o verán de 2018.
O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Comercio e Turismo convoca o I Concurso de ideas:
“GONDOMAR, UN BANCO PARA O MUNDO” con arranxo ás seguintes BASES REGULADORAS
O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Comercio e en colaboración coa asociación O valmi, convoca o segundo concurso” CONCURSO DE ESCAPARATES E AMBIENTACIÓN DE LOCAIS DO CONCELLO DE GONDOMAR NADAL 2017”. Os motivos e decoración dos escaparates e da ambientación dos locais terán como tema as “Festas de Nadal”. Os comercios que se presenten deberán adornar a beirarrúa correspondente ao espazo do local, coaa colocación dunha alfombra ou moqueta vermella na entrada ocupando o espazo físico da beirarrúa