Tras dunha moi positiva e reconfortante experiencia do ano pasado, queremos colaborar en que a nosa Vila sexa un espazo público de armonía, sosego, beleza, estética da fermosura que invite á cidadanía a pasear polas súas rúas. Neste ambiente será máis atractivo profundizar nas ofertas e productos que o Comercio de Gondomar fai aos seus concidadáns.
Os titulaes ou cotitulares dos comercios serán galardonados cos seguintes premios económicosque serán entregados o 4 de xaneiro de 2018
- Primeiro/a clasificado/a concurso escaparates: 300 €
- Primeir@ clasificado/a concurso ambientación de locais: 300 €
Para inscribirse no concurso é obrigatorio ser maior de idade e titular ou cotitular dun
establecemento comercial situado no Concello de Gondomar. O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 10 de decembro de 2017
O proceso de elección do comercio premiado será novidoso. Haberá unha doble entrada de votos:
- unha directamente en urnas que os comercios porán no seu establecemento, nas que os clientes poderán depositar o seu voto. A papeleta poderán solicitala nos propios comercios. Entre todas as persoas que depositen o voto nas urnas que estarán nos comercios sortearase unha cesta de Nadal
- Outra mediante voto telémático aberto á cidadanía.
As solicitudes poderán presentarse de luns a venres, en horaro de 09:00 a 14:00 horas, no rexistro municipal, ou a través da sede electrónica, https://concellodegondomar.sedelectronica.gal
Para subir as imaxes ao concurso ou votar por elas poderán facelo dende a páxina propia do concuso.
Os escaparates e a ambientación de locais deberán estar expostos entre os días 11 de decembro de 2017 e o 6 de xaneiro de 2018.