O luns 7 de Maio continuamos coas xornadas da Escola de Pais e Nais. Nesta sesión teremos unha charla para adultos impartida polo Cuartel da Garda Civil de Gondomar sobre “A Xestión das Redes Sociais” ás 18h na sala de Formación da Biblioteca Municipal de Gondomar.
Este venres poderemos desfrutar dun novo concerto programado pola Concellería de cultura, dirixido por Nuria Lameiro, enmarcado dentro das conmemoracións do 35 Aniversario do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Esta vez será dedicado ao público infantil.
CONCURSO DE DEBUXOS RELACIONADOS COA NAVIDADE “O ADORNO MAIS BONITO”
ORGANIZAN: SERVIANCAR AUTOS E CONCELLO DE GONDOMAR