^ Ir arriba

novas

Wednesday, 13 December 2017 14:54

Concurso de debuxo polo Nadal

CONCURSO DE DEBUXOS RELACIONADOS COA NAVIDADE “O ADORNO MAIS BONITO”
ORGANIZAN: SERVIANCAR AUTOS E CONCELLO DE GONDOMAR


O Concello de Gondomar a través da Concellería de Benestar Social, que dirixe a Concelleira Rocio Cambra Castro, e a Empresa SERVIANCAR AUTOS, teñen programado un CONCURSO DE DEBUXOS relacionados coa Navidade que leva por título “O ADORNO MAIS BONITO”.
As Bases da convocatoria indican que a idade máxima para particiar é de 12 anos, O debuxo será a tamaño folio e no reverso do mesmo indicarase o nome e idade do/da neno/a.
O obxetivo deste concurse é que, o facer entrega do debuxo, cada neno/na deberá entregar 1kg. De alimentos non perecedeiro, que será doado a Benestar Social do Concello para o reparto a familias en situación de emerxencia social.
A data de entrega é dendo o 11 de decembro ata o 3 de xaneiro nas oficinas de SERVIANCAR AUTOS en Gondomar.
Os premios o mellor debuxo consisten unha bicicleta, un monopatín, un premio para nenos/as de ata 6 anos e un premio para nenos/as de entre 7 e 12 anos.
Todos os debuxos estarán expostos na cristalera do Local: SERVIANCAR AUTOS.
O xurado constará de 2 membros do Concello e un representante de SERVIANCAR AUTOS e a entrega dos premios será o día 5 de Xaneiro polo xurado nas instacións de SERVIANCAR AUTOS.
Gondomar, 13 de decembro de 2017
A Concelleira de Benestar Social