^ Ir arriba

novas

Wednesday, 02 May 2018 13:40

Concerto Punkinfantil no Conservatorio de Gondomar

Este venres poderemos desfrutar dun novo concerto programado pola Concellería de cultura, dirixido por Nuria Lameiro, enmarcado dentro das conmemoracións do 35 Aniversario do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Esta vez será dedicado ao público infantil.

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado “Concerto PunkInfantil”. Tras descubrirse e recoñecerse van confluindo, progresivamente, nun espazo común. Un espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos. Charlatana Coop. Galega de Artistas produce a nova tolemia de Peter Punk e Brais das Hortas.
O concerto será este Venres 4 de Maio ás 19:30h no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. Entrada gratuita ata completar aforo.

descarga