^ Ir arriba
Friday, 05 February 2021 13:41

Xuventude e a comunidade educativa de Gondomar xuntos contra o acoso xuvenil

Detectar o acoso entre os máis novos e dar armas para distinguilo e loitar contra el é o obxectivo das diferentes actividades que se desenvolven nos institutos do municipio de Gondomar, dentro da política de colaboración do goberno local coas comunidades educativas.
Así dende a concellería de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, e a través da Oficina Municipal de Información da Xuventude (OMIX) trabállase buscando a implicación directa coa mocidade, atendendo sempre as súas inquedanzas e necesidades, centrándose no seu paso pola ESO.
Así esta semana desenvolveuse no IES Auga da Laxe, a través do departamento de Oriención dentro do Plan de Acción Titorial, a iniciativa “Ciberacoso: a outra cara da brincadeira”, desenvolta pola psicóloga, orientadora e experta en adolescencia, Paula Rodríguez.
A profesional traballou co alumnado de 3º da ESO centrándose en dar visibilidade aos sentimentos dos mozos e mozas que sofren as burlas, o desprezo e acoso a través das redes sociais, con testemuñas e consecuencias destas accións.

Foto de Ali-1.jpg