^ Ir arriba
Monday, 01 June 2020 13:29

A OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL RECUPERA A ATENCIÓN PRESENCIAL

reapaertura.jpg

A partir deste luns día 1 de xuño a Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do concello de Gondomar recupera a atención presencial nas súas instalación, neste proceso de desescalada no que pouco a pouco imos todos voltando a "nova normalidade".

A actividade retómase no horario habitual de 08.00 a 14.00 horas sen esquencer o momento que estamos a vivir, polo que terán prioridade as consultas que se fagan vía telefónica (986 369 946), a través do correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., ou, a través de instagram direct.

Os trámites que precisen ser atendidos de forma presencial se farán na oficina, ubicada na casa da Cultura, con CITA PREVIA e adoptando todas as medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias: uso de máscara, lavar as mans con xel de hidroalcohol, e manter a distancia de seguridade interpersoal.

Lembrade mocidade, xa estamos de volta na OMIX¡

Last modified on Monday, 01 June 2020 13:35