A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca o procedemento de adxudicación das prazas de residencia nos centros residencias docentes de A Coruña, Ourense e Vigo para alumnado que no curso académico 2018/19 inicie ou continúe estudos de bacharelato ou ciclos profesionais.
A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científicotecnolóxica ou STEM ( ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) destinadas a alumnado matriculado en 3º e 4º da ESO en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia durante o curso 2017/18.
O sábado 9 de xuño a especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, realizou unha visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar. O alumnado traballador foi o encargado de guiar a ruta onde se fixeron varias paradas antes de chegar ao pazo.
Trece establecementos da Vila de Gondomar participaron no evento organizado dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI e en colaboración ca Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar.
Do 25 ao 29 de xuño, a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro organiza un taller de programación de videoxogos para os/as mozos/as de 12 a 17 anos.
A XUNTA GALICIA .CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA abre o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto para alumnado de 3º, 4º,5º e 6º Educación Primaria, 1º, 2º, 3º e 4º ESO; Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial, e Axudas para material escolar destinadas a alumnado de E.Primaria, ESO e E. Especial.
A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL convoca axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para posta en marcha de proxectos planifcados e desenvolvidos polos/as mozos e mozas de Galicia.
Na casa do Concello, en Gondomar, poderás ver a creatividade da mocidade do Baixo Miño e Val Miñor.
Do 18 ao 31 de maio, temos no Concello de Gondomar a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao 11º Certame Fotográfico do ano 2017. Esta exposición reflexan inquedanzas, situacións cotiás, vivencias, intereses da mocidade.
O vindeiro mércores 16 de Maio ás 21:00h na Igrexa de San Bieito de Gondomar teremos a oportunidade de escoitar un fermosísimo concerto a cargo de I Colori Dell´Armonia, quinteto de música barroca. Concerto organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, dentro das conmemoracións polo 35 aniversario do Conservatorio Municipal.
A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), pon en marcha, por séptimo ano consecutivo, o campamento Gondoverán cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.