Espallámonos
A realidade da mocidade de Gondomar, e que ten unha gran dispersión xeográfica e iso fai que a información non chege a todos os mozos/as .Ante esta situación , queremos achegarnos a mocidade e darlles as mesmas oportunidades que os do casco urbano.
Temos a certeza de que os mozos das parroquias teñen máis dificultades para acceder a información e que é unha grande necesidade coa que nos atopamos, inda que somos conscientes de que é inviable darlle un servizo personalizado a cada parroquia, en cambio , si que podemos acercarlles a información a través dos stands.
A proposta dende a Concellería de Xuventude e por nos centros culturais e cafeterías con máior incidencia da mocidade uns stands con información puntual para eles, así, cando necesiten saben que moi preto de onde viven poden atopar información. E si algunha é do seu interese poden achegarse a oficina e a profundizaremos dunha forma máis precisa ou personalizada.