¿Que é unha OMIX?
É un servizo que o Concello de Gondomar pon a disposición dos/as mozos/as. Baséase nun conxunto de medidas para obter, difundir e asesorar sobre información específica para a mocidade.
Esta información ten por obxecto dar o apoio necesario á mocidade para que poidan tomar decisións sobre temas como sexualidade, ocio, emprego, estudos, etc. Unha fórmula para que a información chegue a todos e todas co obxectivo degarantir as mesmas oportunidades de información a poboación moza e promovendo a igualdade no acceso á información.