Gondomar tínguese de azul turquesa, para sumarse á campaña
#UnidosPorLaDislexia, impulsada pola Federación Española de Dislexia, para visibilizar este trastorno e as outras dificultades específicas de aprendizaxe que, segundo a OMS, afectan en conxunto a un 10% da poboación mundial.
O obxectivo da xornada, facer visible este trastorno da aprendizaxe lecto-escritura que representa entre o 3 e o 6% da poboación infantil, especialmente en idadescomprendidas entre os 7 e 9 anos.
#Gondomar #DiaInternacionalDeLaDislexia
O vindeiro sábado 16 de outubro celebrarase finalmente esta divertida carreira de obstáculos para grande e pequenos, e que o goberno local pospuxo o pasado mes de agosto como precaución ante o aumento de casos da COVID en toda España. Agora vén con moitas ganas e probas que farán rir a máis dun e dunha.
A proba mantén o número de inscricións cubertas no seu momento, preto de 200, e desde as concellerías de Deportes e Xuventude, organizadoras deste evento, pídese a quen non poidan participar polo cambio de data que o comuniquen chamando ao teléfono 986 369 746 ou ben enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
O Parque da Coelleira converterase, por primeira vez, no circuíto que deberán cubrir os corredores e as corredoras, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, que deben participar acompañados por un adulto. A Gladiator Kids é unha carreira na que a competitividade se deixa ao carón para dar paso a momento divertidos e compartir unha experiencia distinta e de colaboración entre os participantes.
A entrega de dorsais realizarase a partir das 15.00 horas e as probas arrincarán ás 16.00 horas. En primeiro lugar participará o grupo integrado por pequenos e pequenas de idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos. Unha hora máis tarde, ás 17.00 horas, será a quenda dos participantes cuxas idades estean entre os 7 e os 12 anos
En ambos os circuítos atoparanse con diferentes retos, sempre adaptadas a idade dos participantes, nas que se poñerá a proba as súas habilidades á hora de facer fronte a obstáculos que atoparán no percorrido que deberán ir sorteando ata chegar á meta, un obxectivo que vén marcado sobre todo polo “carácter lúdico e non competitivo, primando a diversión e o momento que se comparte coa familia”.
El concello de Gondomar acolleu este sábado a primera edición da proba Grava Polbo, posposta un ano por mor da pandemia. É a primeira vez que se celebra en Galicia unha proba exclusivamente para bicicletas gravel, e Gondomar foi a saída e meta dela, cun alto número de participantes procedentes de diferentes puntos de Galicia e tamén de Asturias, Cantabria e Portugal.
Por diante 100 quilómentros -54 para os que se decantasen polo recorrido curto- e 2.500 metros de desniveles polas estradas, postas e carreiros dos montes de Gondomar, Vigo, Mos , Porriño e Tui. Unha proba que os graveleiros gozaron o máximo a pesar da choiva e a néboa que os acompañaron durante o recorrido.
José Carlos Almeida de Jonis Bike foi o primeiro en cruzar a meta de entre os que optaron polo percorrido curto, logrando un tempo de 2 h. 55”. A trece minutos e medio seguiulle Fernando César Míguez do Club Tres Lunas Valdeorras e o terceiro posto foi para Nicolás Lorenzo.
Pola súa banda, Alejandro González do Xtremebike, foi o primeiro clasificado do percorrido de 100 quilómetros, cruzando a meta cun tempo acumulado de 4 horas e 9 minutos. O segundo posto fo para Aljandro Fernández do C.C. Cidade de Lugo, e o terceiro para Javier Laredo de Bici O.
Finalizada a proba, a experiencia continuou cun dos símbolos de identidade desta proba: o polbo. Aos poucos metros da meta os/as participantes pudieron gozar dunha tapa e un refrixerio como broche final da proba deportiva.
Preto dunha treintena de persoas, entre participantes, organización, equipo de apoio e loxístico, participaron na II edición do Camiño do Irmandamento, que regresou á estrada tras un ano de ausencia por mor da pandemia. O domingo chegaban a vila irmá onde eran escoltados na entrada por axentes da policía local e recibidos por representantes políticos na Cámara Municipa lusa.
“Cando hai dous anos puxemos en marcha o Camiño do Irmandamento foi coa vocación de convertelo nun roteiro habitual e nun referente, e por iso, unha vez relaxadas as medidas da pandemia poñémonos en marcha de novo nesta segunda edición”, afirmou o alcalde Paco Ferreira, quen, do mesmo xeito que na anterior edición, acompañou ao pelotón de veciños e veciñas que se sumaron a este roteiro cicloturista ata o país veciño.
Un total de 18 participantes, acompañados por un equipo técnico e de apoio loxístico, dábanse cita este sábado ás 9:00 da mañá na Praza de Paradela, punto de saída da primeira etapa, un percorrido de 85 quilómetros, pasando Tomiño para cruzar a ponte internacional e desde Vilanova de Cerveira continuar ao longo da N-13 pola costa ata Esposende, pernoctaron.
A segunda etapa, o domingo 3 de outubro, cubriron a distancia restante ata a homónima Gondomar, cun total de 60 quilómetros, que transcurriron por Póvoa de Varzím, Vila do Conde, O Porto, e, finalmente, a Cámara Municipal de Gondomar onde o grupo foi acompañado na súa entrada por axentes de policía local en bicicleta ata a Cámara Municipal gondomareña onde os representantes políticos deron a benvida os integrantes desta II edición do Camiño de Irmandamento Gondomar-Gondomar.
O regreso, como na súa primeira edición, realizouse en vehículos homologados para o transporte das bicicletas, estimándose a hora da chegada á Estación de autobuses do municipio galego ás 18.00 horas do mesmo domingo día 3 de outubro.
ARRANCA O PROGRAMA DE "GONDOCULTURA OUTONO 21"
Xa estamos en marcha, e inauguramos o noso programa hoxe venres, ás 21.00 horas, no Auditorio Municipal Lois Tobío cunha estrea absoluta en Gondomar: "A música non amansa ás Bestas", de Limiar Teatro e en coprodución artística co concello de Gondomar.
Coa música como fío condutor presentarasen ao público cuestións que só el poderá responder. A través do teatro, a música e a comedia que se integran na obra nos conduce a reflexionar sobre a sociedade pasada, presente e futura.
Reservade vosas entradas xa en :
https://taquilla.concellodegondomar.gal
Todo está preparado para que este sábado, día 2 de outubro, celébrese no Baixo Miño (Pontevedra) a esperada Grava & Polbo, a primeira proba ciclista que se celebra en Galicia con bicicletas gravel. Coa saída e a chegada situada na Praza Paradela do Concello de Gondomar, o percorrido abarcará ata 100 quilómetros por estradas, pistas forestais e carreiros cun desnivel positivo de 2.500 metros. Todo un reto e nunhacontorna única para os amantes desta modalidade que se practica sobre unha bicicleta de guiador curvo ao estilo do ciclismo de estrada de gran fondo, pero con cadro e rodas adaptadas para terreos fóra do asfalto.
“O obxectivo de Grava & Polbo é axuntar nunha única proba desta nova modalidade tanto aos participantes que buscan un percorrido esixente e de alta competición, como aos que prefiren gozala doutra maneira, máis relaxada”, comezaexplicando José Comesaña, un dos organizadores da proba. “Escollemos Gondomar porque nos parece o lugar idóneo para iso e estamos seguros de que aos participantes tamén lles vai a encantar”.
Pola súa banda o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, afirma que “unha vez máis o municipio acolle unha proba ligada co ciclismo, un deporte con gran arraigamento e seguidores/ as no noso municipio”. Mostrouse convencido de que será unha xornada de esforzo e diversión unidos, nas que os participantes darán todo de si para “deixarnos con ganas de máis e a celebración de novas edicións”.
En total, 100 quilómetros repartidos entre asfalto, pistas forestais e carreiros. Un percorrido esixente pola combinación de quilómetros e desnivel acumulado -2.500 metros- pero adaptado para todos os niveis: no quilómetro 43, os participantes poderánescoller entre realizar o percorrido completo ou tomar unha desviación para terminar cun total de 54 quilómetros.
Os avituallamientos e o polbo, aceno de identidade de Grávaa & Polbo
Son, sen dúbida, un dos puntos fortes da proba. Ao longo de todo o percorrido de Grava&Polbo, os participantes atoparán catro puntos de avituallamiento e o cuarto deles, situado no quilómetro 70, será especial. O Mavic Lounge Bar ofrecerá unha experiencia diferente que os participantes poderán gozar con tranquilidade, e é que os cronómetros de cada competidor pararanse nada máis chegar a este punto e reactivaranse ao retomar a carreira, de maneira que o tempo desta parada non contará para o resultado final.
Unha vez cruzada a liña de meta e terminada a proba, a experiencia continúa cunha dos acenos de identidade do evento: o polbo. A cen metros da chegada situaraseun “pulpeiro” para que cada gravelero poida recoller a súa tapa e a súa bebida como broche final de Grávaa & Polbo.
O xurado do certame anual visitou esta mañá a vila, acompañado polo alcalde, Paco Ferreira, e o edil de Medio Ambiente, Brais Misa, así como polos técnicos do departamento que explicaron as actuacións executadas no último ano para avanzar na mellora ambiental e social do concello.
Os membros do xurado recibiron as explicacións sobre a memoria desenvolvida para a ocasión na que destaca a recente adquisición e limpeza da Casa Peralba para destinar a usos sociais da veciñanza nun futuro. “Un investimento importante para o noso concello e que reverterá na mellora non só do seu aspecto se non tamén da calidade de vida dos nosos habitantes”, manifestou o rexedor Paco Ferreira.
Nesa mesma dirección a construción do novo parque canino-lúdico atendendo unha demanda social existente na maior parte das localidades como é a dotación de espazos para o uso e goce das mascotas, que neste caso completouse cun parque biosaudable. Suma Gondomar, en busca dese terceiro galardón, a mellora das zonas verdes coa inclusión de novas xardineiras ornamentais, como a que loce nas inmediacións do campo de fútbol de As Cercas.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, mostrou a súa confianza en sumar este ano unha flor de honra máis de “Vilas en Flor” e reiterou o seu compromiso firme “de seguir traballando por facer de Gondomar unha localidade sostible e referente en materia de dinamización ambiental e paisaxística”.
O certame “Vilas en flor” está organizado pola Fundación Juan de Vega, a Asociación de Viveristas do Noroeste e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería, e esta é a terceira edición na que participa Gondomar que o pasado ano foi distinguido con dúas flores de honra por o “gran esforzo en dixitalizar as zonas verdes” e as boas actuacións non núcleo urbano.