Mañá venres día 10 de decembro, e o sábado 11 temos unha nova cita con ciclo de charlas "Falamos", organizado pola concellería de Xuventude, a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra.
Turno aberto ás familias da mocidade. Aberto o público xeral este ciclo busca facilitar as ferramentas precisas para garantir unha convivencia saudable entre proxenitores e adolescentes.
Os/as interesados/as poderán inscribirse en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. As charlas terán lugar no Centro Neural o venres entres as 20.00 e 22.00 horas, e, o sábado entre as 11.00 e as 13.00 h.
O ciclo “Falamos completou unha primeira parte con charlas-taller impartidas á mocidade dos institutos de Gondomar traballando sobre conceptos como as diferentes formas de violencia e como abordalas, ou as capacitacións e as opcións do mercado laboral.
Ata o vindeiro 12 de xaneiro poderá visitarse na biblioteca municipal de #Gondomar esta exposición composta por 14 banners con textos en galego e castelán.
O fío conductor é a relación dos pises escandinavos con Galicia a través do Camiño de Santiago, dando a coñecer as rutas xacobeas, o seu pasado, presente ou puntos xeográficos emblemáticos.
Vinde a visitala!!
As Concellerías de Comercio, Turismo e Cultura do Concello de Gondomar, organizan o 1º Concurso de decoración de Nadal no municipio coa intención de fomentar a participación cidadá no embelecemento e ornamentación da vila nestas datas, facendo complices tanto ao pequeño comercio local como a veciñanza coas súas vivendas particulais.
Mediante este concurso, queremos promover a creatividade e deixar voa a imaxinación, potenciar o ambiente de Nadal e crear unha armonía que faga do noso municipio un atractivo para os visitantes. Para iso, a temática escollida nesta ocasión é “A FÁBRICA DO NADAL”, e nela ten cabida todo tipo de elementos navideños e cores.