El concello de Gondomar acolleu este sábado a primera edición da proba Grava Polbo, posposta un ano por mor da pandemia. É a primeira vez que se celebra en Galicia unha proba exclusivamente para bicicletas gravel, e Gondomar foi a saída e meta dela, cun alto número de participantes procedentes de diferentes puntos de Galicia e tamén de Asturias, Cantabria e Portugal.
Por diante 100 quilómentros -54 para os que se decantasen polo recorrido curto- e 2.500 metros de desniveles polas estradas, postas e carreiros dos montes de Gondomar, Vigo, Mos , Porriño e Tui. Unha proba que os graveleiros gozaron o máximo a pesar da choiva e a néboa que os acompañaron durante o recorrido.
José Carlos Almeida de Jonis Bike foi o primeiro en cruzar a meta de entre os que optaron polo percorrido curto, logrando un tempo de 2 h. 55”. A trece minutos e medio seguiulle Fernando César Míguez do Club Tres Lunas Valdeorras e o terceiro posto foi para Nicolás Lorenzo.
Pola súa banda, Alejandro González do Xtremebike, foi o primeiro clasificado do percorrido de 100 quilómetros, cruzando a meta cun tempo acumulado de 4 horas e 9 minutos. O segundo posto fo para Aljandro Fernández do C.C. Cidade de Lugo, e o terceiro para Javier Laredo de Bici O.
Finalizada a proba, a experiencia continuou cun dos símbolos de identidade desta proba: o polbo. Aos poucos metros da meta os/as participantes pudieron gozar dunha tapa e un refrixerio como broche final da proba deportiva.