O concello pon en marcha a campaña "No Nadal merca en Gondomar" coa que o goberno local, a través da súa concellaría de Comercio, quere incentivar, apoiar e promocionar este sector do municipio co fin de potenciar as compras nel durante as datas de festa.
Un total de 35 establecementos adherironse a esta iniciativa na que os clientes que realicen compras superiores a 20 euros recibirán un "ticket-rasca", que poden resultar premiados con diferentes cantidades económicas (1,3,5 ou 10 euros) que deberán trocar no mesmo comercio no que resultaron gañadores, unha vez finalice a campaña o próximo 7 de xaneiro.
En total repartiránse 16.000 "rascas" dotados con máis de 3000 euros en premios que servirán para recompensar á veciñanza que aposta a diario polo comercio de proximidade, e ao tempo axudar a un sector seriamente afectado polas consecuencias da pandemia da COVID19.
Animádevos e non deixedes de participar¡¡