^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

photo_2021-07-02_14-55-12.jpg

 O "miniecopunto" de recollida e reciclaxe de Residuos Eléctricos e Electrónicos (REES) da Concellería de Medio Ambiente de Gondomar segue o seu percorrido polas parroquias do municipio, onde a veciñanza estalle a dar moito uso.

Quenda agora para Morgadáns onde o miniecopunto permanecerá no Centro Cultural de San Roque, facilitando a reciclaxe destes residuos á vez de que se conciencia ás novas xeracións deste tipo de políticas que favorecen o coidado do medioambiente e futuro do noso planeta.

Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteirizapara a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación Provincial e á que se adscribiu ou concello de Gondomar.

#Gondomarsostible

 

212679176_2862649813997562_6428834030477441632_n.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto ao seu equipo de goberno e o arquitecto Pedro Souto, redactor do futuro proxecto de humanización e peonalización da Praza Rosalía de Castro participaron este xoves nunha asemblea aberta e informativa para expoñer a iniciativa e aclarar as dúbidas que poidan existir respecto a ela.

 Tal e como explicou con este proxecto o goberno de Gondomar concorre á subvención Ágora da Deputación de Pontevedra que podería supoñer un investimento dun millón de euros, cantidade que atendendo aos criterios establecidos -e relacionados coa Axenda 2030 cara á que camiñan todas as cidades, vilas e países- esixen gañarespazos para os cidadáns, tal e como se aposta co proxecto de Rosalía de Castro, explicado este xoves.

 O alcalde Paco Ferreira pediu aos veciños que confíen neste tipo de iniciativas e agradeceu a oportunidade que brindan ao goberno local de poder compatibilizar sensibilidades que non están rifadas co progreso e futuro do municipio e a súa sustentabilidade. “Entre todos, sen dúbida, faremos un Gondomar máis grande e mellor”, concluíu o rexedor. 

 Cartel CUSO ONLINE.jpg

Administración Electrónica, Igualdade de oportunidades, atención sociosanitaria a enfermos de Alzheimer, entre outros, son as actividades que se poderán cursar nesta iniciativa, cofinanciada pola Deputación Provincial de Pontevedra.

 ​A concellería Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, inaugurou o primeiro dos cursos de formación on-line que o seu departamento desenvolverá entre os meses de  xulio e agosto, nos que se impartirán un total de 265 horas nas que se abordarán diferentes temarios relacionados directamente coas demandas do mercado, co fin de facilitar a posibilidade de acceder a un posto no mercado laboral, ou mellorar as capacidades para promocionar nel.

​Algo máis dun centenar de persoas interesáronse por esta actividade, que vénrepetindose nos últimos anos, sendo finalmente un total de 90 os que accederon aoscursos ao ter unha capacidade máxima cada un de 15 alumnos/as. 

​Hixiene e manipulación de alimentos, con cinco horas de duración, foi o curso que inaugurou esta nova edición, ao que lle seguirán o ensino do inglés para nenos de 1 a 3 anos; organización de actividades en institucións sociais; atención sociosanitaria a persoas enfermas de Alzheimer; administración electrónica 2021 e Igualdade de oportunidades.

211734537_2860961760833034_8127201403918545745_n.jpg
 
O Festival trasládase despois de dez anos da súa sede habitual en
Ourense a Gondomar con dous días de espectáculos programados no municipio.
A este evento súmanse máis de 30 de actividades que se desenvolverán entre
xullo e setembro, entre as que tamén se celebrará por primeira vez en Galicia un
Festival de Circo nas rúas e prazas gondomareñas.
 
Cinema, música, danza, eventos deportivos para grandes e pequenos, visitas
culturais ou o percorrido do Camiño de Santiago compoñen o programa organizado
polo goberno de Gondomar, a través da súa concellería de Cultura, dirixida por Juan
Bas, para os meses de xullo, agosto e setembro. “Un programa co que queremos
recuperar o ritmo dos nosos encontros e festas tradicionais, que se viu retardado por
culpa da pandemia da que aos poucos estamos a saír”, afirma o rexedor Paco Ferreira.
Lembrou que en todo momento tomaranse as medidas precisas de seguridade
recomendadas polas autoridades sanitarias “o que non impedirá que gocemos dunhas
grandes festas cun gran cartel que inclúe novidades importantes que confirman que
Gondomar xa é un referente no mundo da cultura”.
Así explicou que Gondomar pasará a ser o novo escenario do Festival Danza
“Corpo a Terra” que se traslada no súa décimo primeira edición a este municipio
abandonando Ourense, para no mes de setembro estrear unha nova oferta cultural na
que a través da danza e as artes do corpo recorrán diferentes puntos urbanos da man
dos espectadores, cuxa participación sempre é un punto fundamental neste festival.
Gondomar tamén sacará a escena e ás súas rúas, por primeira vez en Galicia, O
Festival de Circo (27 ao 29 de agosto) convertendo a Praza da Paradela nunha gran
pista sobre a que actuarán a Orquestra de malabares, “Vaiven circo” ou “A gata
japonesa”.
Festas patronais de San Bieito
Este ano réndese a homenaxe que merece ao Patrón do municipio recuperando
as verbenas e as atraccións para os máis pequenos, ausentes hai un ano. A música, os
actos litúrxicos e a diversión para grandes e pequenos combínanse no programa
preparado para estes días, que arrincará o próximo día 09 de xullo coa actuación da
“Banda de ayer”. Os días grandes prevese a actuación das orquestras “Asia” e
 
“Marbella”, así como a Banda de Vincios, para pechar o programa o día 12 o grupo “La
Patrulla”, actuacións todas elas que se desenvolverán nas Pistas de As Cercas.
 
Entroido de verán
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, lembra que “o prometido é débeda” e
nese sentido apunta o compromiso adquirido en febreiro cando o Entroido 2021 tivo
que suspenderse ante o elevado número de contaxios da covid19. “Entón dixemos que
o iamos a pospoñer uns meses e que o dariamos todo no noso I Entroido de verán,
afirma o alcalde, que lembrou que se celebrará o próximo día 17 de xullo con
animación, actuacións musicais e moitos disfraces nas rúas de Gondomar.
Concertos
Entre as citas musicais destaca a presenza en Gondomar de “Mitic, o
espectáculo” un fenómeno que espertou unha chea de seguidores e seguidoras e que
se celebrará o próximo día 21 de agosto. Pero a el sumaranse outras moitas máis
actuacións que terán como escenario a Praza da Paradela, como é o caso da Burgas Big
Band, La Granja, Gustavo Almeida ou Traspediante+Banda Musical de Vincios.
Un ano máis hai unha clara aposta polos grupos e artistas locais. Así o 23 de
xullo regresa a Gondomar Rubén de Lis e o 24 será a quenda do “Soño de Calíope”,
concertos aos que se sumarán os de Urbano Cabrera ou “The Bigüis”, “unha mostra
clara e evidente do gran nivel artístico e a canteira que hai neste ámbito en
Gondomar”, sinala Paco Ferreira.
Cinema e actividades deportivas
Como en edicións anteriores “Gondocultura” quere sumar ao maior número
posible de persoas e para iso programaranse actividades dirixidas ás familias e aos
máis pequenos como é o caso do “Cinema na rúa” coa proxección das películas
“Onward”, “Jojo Rabit”, ás que se sumará a proxección de María Soliña. Ademais
regresa unha nova edición da proba “Gladiator Kids deportes” ou a actividade
“Deporienta”, que propón un roteiro ao Monte Galiñeiro.
O departamento de Turismo súmase tamén á celebración do verán no Ano
Xacobeo organizando o “Camiño de Santiago” por etapas os sábados de setembro e co
programa “Descobre Gondomar” no que se ofrecen roteiros pola localidade para
descubrir os seus principais atractivos culturais, etnográficos e históricos.

 photo_2021-07-02_15-06-37.jpg

O concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente, segue adiantecoa súa política de promoción da compostaxe como medio para reducir a xeración de residuos orgánicos.

 Un obxectivo no que se atopa unha resposta positiva por parte da poboación como demostra a nova entrega que se realizou hoxe unha nova entrega de composteiros individuais, sumando así un total de preto de 400 en case dous anos. 

 #Gondomarsostible #compostaxe

photo_2021-07-02_15-07-11.jpg

photo_2021-07-02_15-06-46.jpg

 

 photo_2021-07-02_13-47-35.jpg

Esta proba, dirixida aos nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, é unha carreira na que a competitividade queda a un lado para dar paso a intresdivertidos e unha experiencia distinta para os participantes.

 A proba, organizada polas concellerías de Deportes e Xuventude, dirixidas por Nuria Lameiro, celebrarase o próximo 7 de agosto no Parque da Coelleira. Nestaocasión haberá 400 prazas e os interesados xa poden facerse coa súa inscribíndose entre o próximo luns, 5 de xullo, e o 5 de agosto na oficina da Omix, no teléfono 986.369 746, ou a través da web  www.chapionchipnorte.com.

​Os participantes son pequenos ou pequenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos que deberán ir acompañados por un adulto, e as prazas adxudicaranse por ordede inscrición.

​Na súa terceira edición, Gladiator Kids de Gondomar, desenvolverase en douspercorridos diferentes adaptados á idade dos participantes. En todas eles as nenas e nenos poderán poñer a proba as súas habilidades fronte os obstáculos que deberán ir sorteando nun reto que se caracteriza polo seu carácter lúdico e non competitivo, “sendosempre o máis importante a diversión e o intre que se comparte en familia”.

 

2O4A9446.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, inauguraron esta mañá unha nova edición de Gondoverán, o campamento urbán que regresa tras a suspensión motivada pola pandemia o pasado verán.

 Un total de cen pequenos e pequenas gozarán en xullo de numerosos xogos e actividades creativas, culturais, medioambiental e excursións. Experiencias que semprepotencian os valores baseados na empatía, cooperación e na educación na igualdade e os hábitos saudables.

 Gondoverán 2021, financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, celébrase este ano baixo o lema "Por arte de maxia".

2O4A9345.jpg

2O4A9335.jpg

2O4A9272 - copia.jpg

2O4A9263.jpg

 

208671538_2858784737717403_3961735441501006762_n.jpg

A concellaría de Deportes pon en marcha un ano máis actividades deportivas nestesmeses de verán para grandes e pequenos na súa aposta por fomentar hábitos saudables.

Todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto, entre as 20.30 e 21.30 horas, as pistas de baloncesto de As Cercas convertiranse nun ximnasio ao aire libre con clases de mantemento e, aerobic para aqueles/as que queran pasar un bo rato e manterse en forma.

Vinde e vivide o deporte con nós!!

 

photo_2021-06-29_15-27-00 (2).jpg

photo_2021-06-29_15-27-00.jpg

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, aproveitou para poñer ao corrente ao Presidente da Xunta sobre o proceso de reordenación do Parque Industrial da Pasaxe, cuxas obras da Fase I se porán en marcha en breve, e na que está prevista a construcióndunha estación de tratamento de augas, cuxo orzamento ascende a preto de 500.000 euros.

Neste punto Paco Ferreira trasladoulle ao presidente galego a posibilidade de que a Xunta habilite unha partida económica para asumir a construción da planta, minimizando así os investimentos que os empresarios do polígono deben realizar para financiar este proxecto, en virtude do convenio asinado no seu momento co concello de Gondomar.

Destacou a importancia da futura ETAP que subministrará auga a todo o polígono industrial da Pasaxe, que está destinado a converterse nun referente do solo industrial en Galicia cunha superficie de 600.000 metros cadrados e a creación de máis de 7000 empregos directos. 

Sobre a mesa tamén a posibilidade de estudar que a Xunta asuma parte do estudode busca de novas captacións de auga do río Zamáns para garantir, ademais do subministro a todo o polígono industrial e a nova ETAP, tamén garantir o abastecemento ao municipio.

 

WhatsApp Image 2021-06-27 at 23.10.21.jpeg

Un ano máis Gondomar súmase á celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ demostrando a nosa aposta real e sincera por unha sociedade igualitaria e a favor da integración de todos e todas, coas súas diferenzas, esas que os e as fan característicos/as e únicos/as.

           Unha idea que debemos defender con máis forza ante o avance de forzas políticas e sociais que perseguen a diferenza con mensaxes de odio inaceptables en pleno século XXI. Un traballo no que temos que ir da mán cidadanía e administracións.

MANIFESTO

Page 18 of 98

Rss