^ Ir arriba

novas

Tuesday, 29 June 2021 17:02

O ALCALDE DE GONDOMAR REÚNESE CO PRESIDENTE DA XUNTA PARA SOLICITAR INVESTIMENTO ECONÓMICO PARA O POLÍGONO DA PASAXE

photo_2021-06-29_15-27-00 (2).jpg

photo_2021-06-29_15-27-00.jpg

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, aproveitou para poñer ao corrente ao Presidente da Xunta sobre o proceso de reordenación do Parque Industrial da Pasaxe, cuxas obras da Fase I se porán en marcha en breve, e na que está prevista a construcióndunha estación de tratamento de augas, cuxo orzamento ascende a preto de 500.000 euros.

Neste punto Paco Ferreira trasladoulle ao presidente galego a posibilidade de que a Xunta habilite unha partida económica para asumir a construción da planta, minimizando así os investimentos que os empresarios do polígono deben realizar para financiar este proxecto, en virtude do convenio asinado no seu momento co concello de Gondomar.

Destacou a importancia da futura ETAP que subministrará auga a todo o polígono industrial da Pasaxe, que está destinado a converterse nun referente do solo industrial en Galicia cunha superficie de 600.000 metros cadrados e a creación de máis de 7000 empregos directos. 

Sobre a mesa tamén a posibilidade de estudar que a Xunta asuma parte do estudode busca de novas captacións de auga do río Zamáns para garantir, ademais do subministro a todo o polígono industrial e a nova ETAP, tamén garantir o abastecemento ao municipio.