^ Ir arriba

novas

Wednesday, 07 July 2021 10:57

Un centenar de persoas beneficiaranse dos novos cursos de formación on-line de Gondomar

 Cartel CUSO ONLINE.jpg

Administración Electrónica, Igualdade de oportunidades, atención sociosanitaria a enfermos de Alzheimer, entre outros, son as actividades que se poderán cursar nesta iniciativa, cofinanciada pola Deputación Provincial de Pontevedra.

 ​A concellería Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, inaugurou o primeiro dos cursos de formación on-line que o seu departamento desenvolverá entre os meses de  xulio e agosto, nos que se impartirán un total de 265 horas nas que se abordarán diferentes temarios relacionados directamente coas demandas do mercado, co fin de facilitar a posibilidade de acceder a un posto no mercado laboral, ou mellorar as capacidades para promocionar nel.

​Algo máis dun centenar de persoas interesáronse por esta actividade, que vénrepetindose nos últimos anos, sendo finalmente un total de 90 os que accederon aoscursos ao ter unha capacidade máxima cada un de 15 alumnos/as. 

​Hixiene e manipulación de alimentos, con cinco horas de duración, foi o curso que inaugurou esta nova edición, ao que lle seguirán o ensino do inglés para nenos de 1 a 3 anos; organización de actividades en institucións sociais; atención sociosanitaria a persoas enfermas de Alzheimer; administración electrónica 2021 e Igualdade de oportunidades.