O ingreso hospitalario para un neno/a provoca un estado de crise familiar, o tránsito deste proceso se pode mellorar ocupando o tempo libre con tarefas lúdico educativas.
Con este curso a concellería de xuventude ofrece unha formación diferenciadora e emerxente dentro da animación sociocultural. Esta formación vai ofrecer pautas de cómo enfocar a atención lúdico-educativa, tendo en conta as peculiaridades que conlevan unha enfermidade de longa duración e unha hospitalización durante a infancia.
Todo o que teña interese en participar nesta oferta educativa a inscrición será do 2 ao 16 de maio. Terán preferencia os mozos/as do Concello de Gondomar, con idades comprendidas entre os 18-40 anos, que sexan desempregados e que teñan unha formación na área da animación sociocultural.
Para inscribirse cubrir anexos (paxina web concello de Gondomar, OMIX) e entregalos no rexistro do Concello durante o período de inscrición.
Para máis información chamar ao 986.369.746
DESCARGAS:
Modelo de Solicitude do programa