No acto de clausura oficial, celebrado en Gondomar, participaron os alcaldes dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona, así como a Secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo, sendo entregados diplomas e certificacións ao alumnado participante.
Ao longo destes seis meses de execución formáronse na especialidade de “Promoción turística local e atención ao visitante” un total de 15 alumnos-traballadores, que combinaron as actividades de formación con actividades prácticas de obra e servizo relacionadas con esta materia, entre as que salientan as tarefas de analise territorial, estudio da situación do sector turístico no Val Miñor, información e guiados turísticos, preparación de materiais informativos e promocionais, execución de actividades dirixidas aos colectivos escolares é a cidadanía en relación cos recursos turísticos, etc.
Coa formación recibida os alumnos e alumnas formados neste obradoiro poderán obter o certificado de profesionalidade que os habilita para traballar neste ámbito, o que ven a complementar e reforzar a súa formación previa e incrementar as súas posibilidades de inserción laboral.