^ Ir arriba
Tuesday, 08 October 2019 12:48

Aberto o prazo de inscrición para a aula de teatro “ Xuvenil” de Gondomar

Baixo o lema “Gondomar á escea” ponse en marcha un ano máis a aula de teatro dirixida a mozos de entre 11 e 25 anos do municipio. Durante o mes de outubro está aberto o prazo de inscrición para todos os que queiran sumarse a esta iniciativa da que xa formaron parte preto dun centenar de mozos.

O curso desenvolverase durante todo o ano, excepto o mes de agosto, os martes en horario de 18.30 a 20.30 horas. As clases impartiranse atendendo as diferentes formas de expresión que esta arte escénica permite, como son a danza, declamación, texto, musical, etc.

A aula de teatro « Xuvenil» tivo unha importante resposta nos últimos anos ao facilitar alternativas a mozas de Gondomar respondendo as súas demandas e inquietudes. Convértense as clases nun medio para dar renda solta ás emocións e desenvolver a creatividade das novas xeracións, á vez que lles permite explorar novas facultades propias e tamén opcións de futuro.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) recollerá as solicitudes dos mozos interesados en formar parte do elenco da aula de teatro xuvenil, financiada polo goberno local, a través da súa Concellería de Xuventude e coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

Máis información no teléfono 986. 369.746