^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, califica de ''necesaria e integradora como exemplo claro da convivencia real e diaria dos dous idiomas, o castelán e o galego, existentes e utilizados no noso municipio e na nosa comunidade autónoma''.

“Os administrados serán atendidos no idioma que soliciten formalmente, aínda que nun primeiro momento a comunicación realícese en galego. Este feito non impedirá en ningún momento poidan cubrirse en castelán ou mesmo facilitar a súa tradución o castelán se así o requiren".

“O concello segue dando pasos por diante de moitos, ao ser dos primeiros en contar cunha ordenanza de normalización lingüística”, concluiu o alcalde.

 

83029740_2451045948491286_2912239262663442432_n.jpg

O concello de Gondomar ven de publicar as bases reguladoras dos premios da V Gala do Deporte coa que se busca una vez máis recoñecer "a entrega e dedicación dos nosos/as deportistas, clubes ou institucións deportivas, que en moitísimos casos están a levar o nome do noso municipio ao máis alto e a todos os recunchos do mundo"

Así o manifestou o rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, promotor xunto a responsable de Deportes, Nuria Lameiro, desta gala que "xa se convertiu nunha cita ineludible para nós coma para todos/as os/as vecinos/as do noso municipio".

O prazo para presentar as diferentes cantidaturas xa está aberto e finaliza o vindeiro 29 de febreiro. Calquer club, cidadán, institución ou asociación poderá presentar ata tres candidatos/as a una das nove categorías recollidas nas bases.

O alcalde, Paco Ferreira, presidirá e designará o xurado encargado de seleccionar os ganadores nas distintas categorías, que se determinarán o 05 de marzo de 2020. A V Gala do Deporte terá lugar o próximo 04 de abril, no Pabellón Municipal Bernabé Costas de Miranda.

Descarga as bases da Gala do Deporte na seguinte ligazón: https://concellodegondomar.gal/…/bases-da-gala-do-deporte-2020

 

82962499_2446322058963675_8424619522660499456_o.jpg82439224_2446322222296992_7798280589299154944_o.jpg

 

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, ven de publicar un BANDO informando sobre os traballos de xestión de biomasa que se van realizar nas franxas relacionadas co tendido de suministro da rede eléctrica.
Os titulares dos terreos, se o desexan, poderan executar eles estes traballos previamente, e de non ser o caso deberán facilitar as labores a empresa colaborada que os acometer en nome de Unión Fenosa Distribución SA.

Ante calquera dúbida podon dirixirse á empresa a través de calquera destes medios:
Jose Luis Mosquera Souto
Tlf.: 691515286
Correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

 

 

O goberno local, a través da súa concellería de Cultura, contempla un total de 6000 euros para premiar ás comparsas que se decidan a participar este ano no Desfile Concurso do Entroido do municipio, que se celebrará o vindeiro domingo día 23 de febreiro a partir das 16.30 horas cun percorrido a través das principais rúas do centro urbano gondomareño.

Todas as agrupacións interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do 09 de febreiro, último día de inscrición, han de estar compostas por un mínimo de 20 persoas e cumprir os requisitos recolleitos nas bases reguladoras, xa publicadas. No caso de que o número supere o límite de participación (15) a concellería resérvase o “dereito de selección final das comparsas que concursarán, sendo as restantes convidadas sen dereito a remuneración ou premio”.
A comparsa gañadora recibirá 900 euros, a segunda 700 euros e, o terceiro clasificado recibirá 500 euros, premiándose ademais con 300 euros a mellor carroza do desfile. Tamén están contempladas 6 axudas de 350 euros para as seguintes clasificadas (de 4ª a 9ª posición) e de 250 euros para as clasificadas entre o décimo e o décimoquinto posto.
O vestiario e maquillaxes elixidos, así como a escenografía e deseño de carrozas serán algúns dos elementos que o xurado – presidido polo alcalde, Paco Ferreira, e composto para a ocasión por representantes do mundo social, artístico e cultural- terá en conta á hora de puntuar as agrupacións participantes, valorándose tamén criterios como que a música sexa en directo ou con acompañamento de instrumentos musicais ou rítmicos.
Igualmente o xurado se reserva a posibilidade de anular a axuda ás comparsas que non cumpran cos requisitos esixidos ou a aquelas que “interfiran co desfile doutras, inciten á xenofobia, á violencia, malos tratos animais ou temáticas que inciten á violencia de xénero”.
O goberno local ultima os detalles da programación do Entroido 2020 que arrincará, como é tradicional, co desfile dos colexios do municipio, nesta ocasión previsto para o venres 21 de febreiro, e prolongarase ata o mércores 26, no que se celebrará o enterro da sardiña coas comparsas que participaron no desfile.

 

2020-01-24 16.42.46.jpg

Wednesday, 22 January 2020 13:08

Bases Gala do Deporte 2020

Xa está dispoñible para descarga as bases da Gala do Deporte 2020

 

BASES GALA DO DEPORTE 2020.jpg

A cita, que cumpre cinco anos, foi promovida polo goberno de Paco Ferreira na súa anterior lexislatura e consolidouse no tempo como unha cita ineludible para o mundo do deporte.

O concello de Gondomar publicou as bases reguladoras dos premios da V Gala do Deporte coa que, por quinto ano consecutivo, búscase recoñecer “a entrega e dedicación de persoas, clubs ou institución de Gondomar no mundo do deporte, que coa súa actividade, ademais de transmitir valores inherentes e necesarios para todos, en moitísimos casos están a levar o nome de Gondomar todo o máis alto e todos os recunchos do mundo”.
Así o manifesta o rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, promotor xunto á concelleira de Deporte, Nuria Lameiro, desta Gala que naceu auspiciada polo seu goberno na anterior lexislatura e que “xa se converteu nunha cita ineludible para nós como para todos os veciños e veciñas do noso municipio”.
O prazo para presentar as diferentes candidaturas finaliza o próximo 29 de febreiro e poderán concorrer a calquera de nove categorías recollidas nas bases: premio ao mellor deportista masculino; premio á mellor deportista feminina; premio ao mellor deportista revelación masculino e á mellor deportista revelación feminina; premio ao mellor club ou entidade deportiva; premio ao patrocinio e colaboración co deporte; premio á traxectoria deportiva; premio ao mellor evento do ano; e, premio aos valores humanos.
Calquera club, cidadán, institución ou asociación poderá propoñer un máximo de tres candidatos/as para que sexa recoñecida o seu labor nalgunha das citadas categorías, sempre que cumpran coas condicións establecidas nas bases e “reúnan os méritos ou requisitos suficientes para concorrer ao premio”, aos que tamén o xurado ten a posibilidade de presentar candidaturas.
Concello de Gondomar

 

O alcalde, Paco Ferreira, presidirá e designará o xurado encargado de seleccionar os gañadores/ as nas distintas categorías, que se determinarán o 05 de marzo de 2020. A entrega dos galardóns terá lugar o 04 de abril, no Pabelllón Municipal Bernabé Costas de Miranda.

_MG_7331 (1).jpg

Thursday, 16 January 2020 10:10

Inscrición curso cocina "Coas Mans na Masa"

Abre o prazo de inscrición para os primeiros cursos de cociña do programa "Coas Mans na Masa"

 

Ligazón de inscrición: https://eurural.org/formulario-coas-mans-na-masa-2020-profesionais/

 

coas-mans-na-masa-2020-profesionais.png

O goberno local, que preside Paco Ferreira, segue apostando pola innovación e para iso incorpora vehículos con tecnoloxía última xeración, menos contaminantes e que xeran menos ruído.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polo edil de Medio e Transición Ecolóxica, Brais Misa, presentaron hoxe a nova frota de camións e maquinaria do servizo de recollida de lixo e limpeza do municipio e que, segundo manifestou, “axústanse á política que desde o goberno local realizamos co obxectivo de converter o noso concello en pioneiro en políticas que supoñan mellorar a vida dos nosos veciños á vez que apostamos pola sustentabilidade e o medioambiente”.

Os vehículos, valorados en máis de 373.000 euros, inclúense dentro da proposta de adquisición de maquinaria do contrato de Limpeza Viaria e Recollida de Residuos sólidos, e incorporan tecnoloxía de última xeración con maquinaria máis ecolóxica. “O noso obxectivo é reducir a contaminación e o ruído para ofrecer unha contorna habitable máis saudable para todos e todas”, manifestou o alcalde.

Desta forma os novos camións e maquinaria caracterízanse por minimizar as emisións de son e gases de escape; ter a máxima polivalencia para recoller e compactar de forma separada residuos seleccionados en orixe; e, optimizan as condicións de circulación, hixiene e seguridade da lei vixente.

Na presentación, á que asistiu o director da delegación de Galicia e Noroeste de FCC, Ernesto Barrio, entre outros responsables da empresa, explicáronse as características dos dous novos autocamiones recolectores, un de carga lateral e outro de carga traseira. Este último traballará nas zonas do rural onde a carga lateral non é posible. Ademais incorpóranse un autocamión de caixa aberta basculante con plataforma para recollida de mobles e aveños en todo o termo municipal.

Súmase a eles outro autocamión de caixa aberta basculante Piaggio Porter, un vehículo eléctrico que, dadas as súas dimensións, facilita o desprazamento do operario a diferentes puntos do municipio para realizar varridos, e se fose necesario, poder retirar algún enser.

Paco Ferreira subliñou que “seguimos sumando” neste ámbito ao lembrar a renovación xa acometida de preto de 1000 contedores no municipio, a repartición de composteiros individuais ou a próxima ampliación e mellora do punto limpo do municipio, do que recentemente se aprobou un novo regulamento para adaptalo á normativa europea vixente.

 

MAQUINARIA BASURA.jpg

Veciños e veciñas achegáronse esta mañá ata o Parque dás Ánimas para depositar os seus residuos no novo composteiro colectivo, o segundo que se instala na localidade.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto ao concelleiro de Medio do goberno, Brais Misa, asistiron este xoves á posta en marcha do segundo centro de compostaxe comunitarios da localidade, situado no Parque dás Ánimas, onde algúns veciños esperaban xa para depositar os seus residuos orgánicos e estrealo nese mesmo momento.
O rexedor lembrou a importancia de medidas deste tipo que forman parte de “a nosa clara aposta por políticas e iniciativas encamiñadas a defender o medioambiente e converter Gondomar nunha localidade sustentable e claramente posicionada na loita contra o cambio climático”.
Así, enmarcado dentro do Plan Revitaliza promovido pola Deputación Provincial, ponse en marcha este segundo composteiro comunitario no que hoxe se contou coa presenza de “ mestres e mestras” para resolver as dúbidas daqueles que se achegaron ata a zona.
Recoñecen que existe un claro interese por parte da poboación e que, nestes últimos anos, a concienciación sobre este tipo de reciclaxe é cada vez maior porque son moitas as vantaxes que ofrece este tipo de composteiros comunitarios. No caso de Gondomar a eles súmase a campaña de repartición composteiros individuais realizada entre os veciños e veciñas da localidade.
O novo centro de compostaxe colectiva súmase ao que xa está a funcionar nas proximidades do supermercado Froiz, no que desde a súa posta en marcha xestionáronse xa máis de 31 toneladas de residuos orgánicos e restos vexetais, producindo un total de 31 lotes de compost, repartido entre os veciños e veciñas da localidade.

 

composteiro 2.jpg

composteiro 1.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto á presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presentaron esta mañá na localidade unha nova edición do itinerario “ Coas mans na masa”, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e marzo en diferentes concellos integrados na citada asociación.

Na súa intervención estiveron acompañados pola alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e as concelleiras de promoción económica e de Política social de Mos, Julia Loureiro e Sara Cebreiro; a concelleira de Promoción de Emprego de Tui, Ana María Núñez e representantes do goberno local de Gondomar.

Coincidiron á hora de destacar a boa recepción deste tipo de accións formativas entre a poboación e apostaron por seguir traballando na mesma liña defendendo o obxectivo que se promove desde Eurural :“investir fondos europeos que chegan ao noso na formación dos nosos veciños e veciñas para que á súa vez revertan no desenvolvemento e crecemento das economías locais.”

A nova edición de “ Coas mans na masa” contempla o desenvolvemento de seis novos cursos, centrados na elaboración artesanal de ungüentos e conservas. Concretamente no concello de Gondomar desenvolverase o de “Elaboración artesanal de conservas”, entre os días 23 e 25 de marzo, no que as persoas interesadas aprenderán facer conservas naturais con alimentos de tempada.

As inscricións faranse a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola, e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

O alcalde do municipio de Gondomar, Paco Ferreira, destacou como moi positivas este tipo de accións que se desenvolven “desde a unindo de esforzos entre as localidades e que perseguen ampliar o coñecemento das nosas poboacións, así como dos actores económicos locais, sempre desde a aposta por materias relacionadas co desenvolvemento do rural, potenciando, entre outras cousas, a conservación de recursos e da sustentabilidade ambiental”.

foto gdr.jpg

Rss