^ Ir arriba

novas

Thursday, 26 December 2019 12:52

Gondomar aprobou o novo regulamento de funcionamento e anuncia a ampliación do punto limpo

O goberno municipal aprobou no pleno da corporación municipal  o novo regulamento de funcionamento do punto limpo, e que permitirá  dar un mellor servizo aos veciños, adaptándolo á normativa vixente,  así como ampliando a súa superficie en 60 m2  má s e para a recollida de  RAEES.

A  ampliación farase a  través dunha  subvención da  Deputación Provincial de 50.000 €, e  consistirá na mellora das instalacións para a recollida de  electrodomésticos, etc... ( RAEES). Ao mesmo tempo a empresa concesionaria da recollida de RSU levarase a cabo melloras nas instalacións restantes, tales como o acceso,  cartelería, iluminación ou seguridade interior e do peche perimetral do recinto, que  será ampliado dos 800  m2 existentes aos 2.000 m2.

Actualmente o  concello está pagando un aluguer mensual de 1.537 euros á Comunidade de Montes de Vincios dende o  ano 2008 e por un período de 30  anos prorrogables por outros 30  máis, “a pesar de que naquel momento  existían ofertas  máis  ventaxosas para os intereses do  concello e de mellor  ubicación, como foi a presentada pola Comunidade de Montes de  Chaín”, afirma o alcalde, Paco Ferreira.

Engade que “non sóo é cuestionable senón que foi totalmente irregular dita  contratación,  máis se cabe, o facerse sen  ningún tipo de informe  xurídico nin da  intervención municipal que o apoiase. É  máis, dos 2000  m2 que figuran no contrato de aluguer, tan sóo foron ocupados para o punto limpo 800  m2 e 550  m2 para os accesos”.

Explica que o goberno local non só ampliase o servizo do punto limpo, senón que aproveitase a totalidade da superficie xa “que desgraciadamente estamos a pagar un prezo moi elevado  según as  características do mesmo, que ascenden a  máis de 18.000 euros anuais que se incrementasen cada  ano o IPC, ata o 2038. Cando finalicemos o contrato abonaríamos a montes en concepto de aluguer  máis de  550.000 de euros”.

“Esa é a política de austeridade e de  xestión que nos deixou o Sr.  Arauxo -di o rexedor- que nin sequera aproveitou os catro anos como responsable de  medioambiente no mandato pasado para facer nada respecto diso, tan só dedicándose á demagoxia que nos ten afeito ao longo de todos os anos que leva na política local”.

Entenden que quen critica este novo regulamento de funcionamento do punto limpo, agora adaptado á normativa vixente, só denota unha falta de coñecemento neste sector e da normativa vixente,  así como non coñecer a axenda 2030 da  Unión Europea. Descoñecemento que vai  má s  allá, cando se fala sobre o destino de cada residuo porque “cando  Arauxo afirma que os residuos van a SOGAMA, ben falta á verdade ou non sabe do que fala, dado que os mesmos son retirados por xestores autorizados (vidro, madeira, restos vexetais, chatarra, etc...”, indicou o concelleiro de Medio Ambiente e  Transición  Ecolóxica, Brais Misa.

Actualmente o regulamento do punto limpo só autoriza a posibilidade de depositar ao mes una certa cantidade de aveños por persoa. O novo regulamento revisa esas cantidades e déixase aberta a posibilidade de que a maiores cada usuario poida ampliala, previo pago dunha  simbólica taxa que  deberá ser regulada mediante a  aprobación da correspondente Ordenanza Fiscal, e que nunca  sería efectiva antes do 2021.

Por outra banda, Paco Ferreira, anuncia que o seu goberno estuda a posibilidade de trasladar nun futuro o punto limpo ao Polígono da Pasaxe, aproveitando a súa futura  ampliación e  urbanización. Desta forma “podríamos aforrar o innecesario alugar de  má s de 1500 euros ao mes que pagamos grazas á  gestió n herdada do  señor  Arauxo, e crear un punto limpo de 10.000  m2 que dé servizo ao polígono e a todo Gondomar”.

Insiste en que é algo moi necesario para que toda a  ciudadanía dispoña dun lugar no que depositar libremente as súas pertenzas e non como agora, que os 1300  m2, que quedan escasos e teñen unha accesibilidade  difí ciles e escasas posibilidades de crecer” ao atoparse vías de  comunicació n como a autoestrada, a PO-331 ou a canteira o seu aredor “ encorsetando o punto limpo, facendo inviable o seu crecemento se fose necesario”.

 

punto_limpo_1.png