^ Ir arriba

novas

Tuesday, 21 January 2020 11:34

Gondomar recoñecerá a traxectoria dos seus deportistas nunha nova Gala do Deporte

A cita, que cumpre cinco anos, foi promovida polo goberno de Paco Ferreira na súa anterior lexislatura e consolidouse no tempo como unha cita ineludible para o mundo do deporte.

O concello de Gondomar publicou as bases reguladoras dos premios da V Gala do Deporte coa que, por quinto ano consecutivo, búscase recoñecer “a entrega e dedicación de persoas, clubs ou institución de Gondomar no mundo do deporte, que coa súa actividade, ademais de transmitir valores inherentes e necesarios para todos, en moitísimos casos están a levar o nome de Gondomar todo o máis alto e todos os recunchos do mundo”.
Así o manifesta o rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, promotor xunto á concelleira de Deporte, Nuria Lameiro, desta Gala que naceu auspiciada polo seu goberno na anterior lexislatura e que “xa se converteu nunha cita ineludible para nós como para todos os veciños e veciñas do noso municipio”.
O prazo para presentar as diferentes candidaturas finaliza o próximo 29 de febreiro e poderán concorrer a calquera de nove categorías recollidas nas bases: premio ao mellor deportista masculino; premio á mellor deportista feminina; premio ao mellor deportista revelación masculino e á mellor deportista revelación feminina; premio ao mellor club ou entidade deportiva; premio ao patrocinio e colaboración co deporte; premio á traxectoria deportiva; premio ao mellor evento do ano; e, premio aos valores humanos.
Calquera club, cidadán, institución ou asociación poderá propoñer un máximo de tres candidatos/as para que sexa recoñecida o seu labor nalgunha das citadas categorías, sempre que cumpran coas condicións establecidas nas bases e “reúnan os méritos ou requisitos suficientes para concorrer ao premio”, aos que tamén o xurado ten a posibilidade de presentar candidaturas.
Concello de Gondomar

 

O alcalde, Paco Ferreira, presidirá e designará o xurado encargado de seleccionar os gañadores/ as nas distintas categorías, que se determinarán o 05 de marzo de 2020. A entrega dos galardóns terá lugar o 04 de abril, no Pabelllón Municipal Bernabé Costas de Miranda.

_MG_7331 (1).jpg