^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Recoñecer o labor dos mozos e o seu compromiso coa nosa sociedade é unha das ideas que o goberno local quere lembrar este mércores, 12 de agosto, xornada na que se celebra o Día Internacional da Mocidade, e con tal motivo entregaranse aos mozos/as que acudiron á oficina da OMIX unha chapa reivindicativa. 

 ​“Aquí está a mocidade de Gondomar”, é o lema que luce nestas chapas coas que se quere celebrar esta xornada, institucionalizada pola Asemblea Xeral das NaciónsUnidas en 1999,  e coa que se subliña cada ano o papel fundamental dos mozos nos procesos de cambio, así como a necesidade de darlles voz e de fomentar as súas acciónse iniciativas.

​Unha idea que o goberno de Gondomar ten moi clara e que vén defendendodesde a concellería de Xuventude a través da organización diferentes iniciativas aolongo do ano. Con elas búscase a implicación directa e indirecta das novas xeracións“que teñen moito que achegar e ideas que podemos ter en conta como elementos xeradores de cambio”, afirma o rexedor Paco Ferreira, quen lembra que ou 14% da poboación do concello ten entre os 15 e 30 anos, segundo os datos do INE do ano 2019.

 dia mundial juventud 1.jpg

O goberno de Gondomar, a través da súa concellería de Turismo, desenvolverá durante o mes de agosto unha nova edición deste programa de roteiros guiados na que se achegará aos participantes a distintos puntos de interese que existen no municipio.

Será precisa a reserva de praza previa a través do correo oficinadeturismo@concellodegondomar.gal ou no teléfono 678 874 985. Os grupos serán de 25 persoas e as prazas asignaránse por orde de solicitude.

“Descobre Gondomar” arrincará ás 11.00 da mañá este próximo xoves, día 13 de agosto, cunha visita guiada por Gondomar, partindo da Praza Paradela, ata o acceso do Pazo do Conde, roteiro que se repetirá os días 18 e 25 de agosto.

O programa este ano completarase cun percorrido en torno á marxe do río Miñor que se desenvolverán os días 20, 24 e 27 de agosto, que dará a oportunidade a quen se some a esta camiñada de coñecer e contemplar as pezas etnográficas e paraxes naturais da contorna.

 

 

cartazJPG.jpg 

Os cativos e cativas que participaron no obradoiro de creación de cómics, organizado pola concellería de Xuventude, despedíronse hoxe desta iniciativa amosando a súa calidade como artistas e a madeira que teñen como futuros/as ilustradores gráficos.

Durante unha semana aprenderon as nocións básicas para dar forma ás historias que querían plasmar nas viñetas e convertilas en divertidos e orixinais cómics que esta mañá amosaron durante a clausura do obradoiro.

A iniciativa forma parte das actividades que nos meses de xullo e agosto organizáronse dende o goberno pensando en dar alternativas a mocidade axustándose sempre ás normas que rixen na chamada "nova normalidade".

Te adjunto fotos (en cabecera la del grupo) El resto si quieres añadirlas todas al final perfecto, o si no un par de ellas.

CLAUSURA COMIC.jpg

Friday, 07 August 2020 18:34

NOVA CITA COA CULTURA EN GONDOMAR

Todo preparado xa para gozar dunha nova fin de semana en Gondomar de espectáculos de música, teatro e cine. O programa “Cultura de verán” encherá de novo a Praza da Paradela de música e teatro. Este venres a partir das 22.00 horas podermos bailar ao son dos temas de rock do grupo local “The Riggos”, e o sábado, día 8, turno para o teatro familiar coa representación da obra “Running” na Praza da Paradela ás 22.00 horas.

A cita semanal co “Cinema na Rúa” traslada este domingo 09 de agosto a pantalla ata San Roque (Morgadáns) onde grandes e pequenos poderán gozar da película de animación “El parque mágico” a partir das 22.00 horas.

Todos os espectáculos desenvólvense garantindo as distancias interpersonales necesarias e as medidias hixiénico-sanitarias esixidas polas autoridades sanitarias como medida de prevención de posibles contaxios da covid19.

Non faltedes, esperámosvos!!

117198423_2612006882395191_9062933431595241419_o.jpg

Gondomar pon en marcha un novo obradoiro dirixido aos máis mozos facilitándolles opcións no seu tempo libre e sempre suxeito o seu desenvolvemento as normativas vixentes en materia hixiénico sanitaria e de prevención fronte á covid-19.

Dende este pasado  luns ata o día 10 de agosto desenvolverase o "Obradoiro cómic", organizado pola concellería de Xuventude, no que os/as participantes aprenderán as técnicas básicas deste tipo de ilustracións, podendo escoller entre manga, cartoons ou superheroes.

Dende o goberno de Gondomar faise un esforzo por organizar este tipo de pequenos campamentos adaptados a nova normalidade que estamos a vivir, para atender as demandas da mocidade e ao mesmo tempo facilitar, na medida do posible, a conciliación familiar nestes días de verán.TALLER DE COMICS 1 - copia.jpg

Un total de 33 postos de venta ambulante reanudaron este martes o mercadillo semanalde Gondomar que ademáis de cambiar a súa data de celebración dos sábados aosmartes, estreou o que será a súa nueva ubicación: a explanada das Cercas. Esta nova etapa foi consensuada coas asociacións de comerciantes implicadas e permitirá minimizar os riscos de contaxio da covid19.

 

As Cercas facilita unha maior extensión de terreo que permite que a colocación dos postos e a circulación dos usuarios sexa máis segura, o crearse un circuito no que se garante o distanciamento social, á vez que se respetan o resto de medidas hixiénicosanitarias como o uso das máscaras o do xel nos postos.

 

A nova ubicación permitirá ademáis celebrar a feira semanal sen eliminar ningunha praza de aparcamento, tal e como si ocurría na Praza de Rosalía, espazo no que celebrouse durante os últimos anos.

 

A contorna dotouse ademáis de sete colectores de recollida de lixo para facilitar o depósito dos residuos que se podan xerar e manter a explanada limpa, seguindo así a filosofía do goberno de dotar dos medios necesarios para que Gondomar sexa un municipio referente en limpeza e sostenibilidade.

mercadillo 2.jpg

 A Praza Paradela acollerá este mércores 29 de xullo unha nova acción do programa que a Deputación de Pontevedra ven desenvolvendo nos cinco anos baixo o título "Mulleres en acción: violencia zero".
 
O mércores a partir das 12.00 poderemos asistir a "acción" da artista Zeltia que, entre outros obxectivos, visibiliza á a muller como símbolo de saúde, defensora da vida. Muller loitadora e valente. Unha acción na que busca "facer rexurdir a figura da muller a través da música e dos elementos ambientais nun símbolo de cambio".
 
Mulleres en Acción. Violencia zero é un proxecto promovido pola Deputación de Pontevedra co que, no espacio público e a través de accións artísticas, se reivindica a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e unir forzas para acabar con ela.
 
116434205_2603755193220360_5700498578878533067_o.jpg

O goberno de Gondomar segue a traballar para ofrecer novas e diferentes actividades a veciñanza nos meses de verán, sempre adaptadas as novas normas hixiénico sanitarias que exixe a nova normalidade que estamos a vivir.

Dende a concellería de Deportes convidannos a todos e todas a participar nos cursos gratuitos de ZUMBA e GAP (Glúteos, Abdominais e Pernas) que vanse desenvolver todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto.

As clases de Zumba impartiránse todos os martes, a partir de mañá día 14 de xullo, entre as 21.00 e as 22.00 horas nas pistas de baloncesto de As Cercas. Abertas a todas as idades, só tedes que acercarvos e facer deporte ao ritmo da música.

As sesións de GAP terán lugar todos os xoves, a partir do 16 de xullo, entre as 21.00 e 22.00 horas no mesmo esceario: as pistas de baloncesto de As Cercas. Non deixedes de vir y participar!!

Lembrade!! Todos os martes e xoves deste verán vinde a facer deporte connosco!!

 

gap copia.jpg

Nestes momentos nos que estamos a adaptarnos a "nova normalidade" imposta pola covid19 no concello Gondomar seguimos a traballar para facilitar a conciliación familiar.

Dende a Concellería de Xuventude desenvolveránse dous campus dirixidos a mozos e mozas de entre 8 e 17 de anos nos meses de xullo e agosto, suxeitos a protocolos específicos e as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias.

Do 27 ao 31 de xullo realizaremos un CAMPUS TECNOLÓXICO. Nel iniciaranse na robótica, crearán videoxogos e animacións, traballarán no deseño e impresión con 3D. Vai dirixido a mocidade entre 8 e 13 anos e en horario de 10:00 a 13:00h.

Do 3 ao 10 de agosto, en horario de 11.00 a 13.00 horas, desenvolverase un Obradoiro de Comic, dirixido a rapaces de entre 9 e 17 anos podendo elexir o seu estilo favorito: Manga, Cartoon ou Superheroes.

Os interesados poderán inscribirse entre o 13 e 23 de xullo cubrindo os anexos que se poden pedir na OMIX (Casa da Cultura) e presentándolos xunto a fotocopia DNI ou libro de Familia e volante de empadroamento no rexistro xeral do Concello de Gondomar.

 

obradoiro comic.jpg obradoiro campus tecnolóxico.jpg

DJI_0137.jpg

Os interesados deberán presentar a documentación no Rexistro Municipal entre os días 15 de xullo e 15 de agosto.

 A concellería de Benestar Social do concello abriu o prazo para solicitar as axudas para comedor escolar do vindeiro curso 2020-2021, que poderán presentarse entre o 15 de xullo e o 15 de agosto.

As bases, publicadas na sede electrónica, poderan tamén consultarse e descargarse no seguinte enlace da páxina do concello (https://bit.ly/3gLLacl) onde atoparán os impresos que deberán presentarse cubertos no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica.

Os beneficiarios/as de axudas para comedor escolar deberán estar matriculados nun dos centros públicos de ensino do concello nos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria.

Darase prioridade á conciliación laboral dos pais traballadores e que precisen o servizo de comedor de luns a venres ou como mínimo tres días a semana, tendopreferencia os alumnos do concello de Gondomar.

Máis información no servizo de Benestar Social no teléfono 986 360168 ou no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Rss